Foz, 19 de maio de 2023. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e a concelleira de Servizos Sociais Ana Rojo, homenaxearon esta mesma semana a Dona Josefa Pico Teijeira, co seu correspondente agasallo floral, que “ela mesma revisou, ollando detidamente flor a flor e todas as froitas que o adornaban. Dona Josefa, que é a veciña máis lonxeva do concello de Foz, naceu e reside na parroquia de Cangas hai 107 anos; agora vive coa súa filla Mimina e cos seus netos Andrés e Covi. Tivo 3 fillos (Moncho, Toño e Mimina) e ten netos, bisnetos e 2 tataranetos”, explica Ana Rojo.
A concelleira de Servizos Sociais destaca que “dona Josefa foi sempre unha muller afable, moi positiva, cariñosa, con moi bo humor e querida por todos os seus veciños e veciñas. Vén dunha familia de once irmáns, a maioría foron tamén lonxevos ó igual que a súa nai, que tamén fora centenaria. Traballou arreo na agricultura, gandería e nas labores propias do fogar nuns tempos duros de moitas carencias, pero sempre cun sorriso e moi disposta a axudar a calquera veciño que lle fixera falta. Gustáballe moito xogar as cartas con varias das súas irmás, afección que tivo ata hai poucos anos. Coméntanos a súa filla que come como unha lima, de todo e bastante cantidade, e non perdeu nunca unha soa sesta. ¿Será ese o segredo da lonxevidade?”.
Ana Rojo engade: “recórdoa sempre baixar andando do barrio de Ribela ata a casa da súa filla na estrada xeral, de traernos buñuelos e demais doces para nós cando eramos nenos, cariñosa e sempre cun sorriso nos beizos. Estou orgullosa como veciña e moito máis como concelleira de poder homenaxeala ós 107 anos xunto ó alcalde, Fran Cajoto, co que empatizou preguntándolle pola súa familia e invitándonos a comer con ela”.
“Canto nos ensinan estas mulleres fortes, que traballaron incansablemente sacrificándose en polos demais. Épocas durísimas que lles tocou vivir, nas que se lles negaban os dereitos máis fundamentais tan só por ser mulleres. Noraboa por eses 107 anos e moitas felicidades dona Josefa!”, remata a concelleira de Servizos Sociais.


























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



