Viveiro, 1 de xullo, 2023. Por Viveiro, representamos a día de hoxe ao 12,72% das nosas veciñas e veciños con dous concelleiros electos e un total de 1032 votos conforme á proclamación de resultados.
Valoramos moi positivamente o resultado electoral e queremos agradecer novamente a todas as persoas que nos apoiaron o pasado 28 de maio. Por Viveiro somos un grupo local, de veciñas e veciños independente, plural e democrático con ganas de traballar e mellorar o noso Concello.
Queremos aproveitar para denunciar o escarnio público, insultos e as ameazas aos que foron sometidos non só os concelleiros da nosa agrupación, senón case a totalidade das e dos membros da nosas candidatura, que xa antes de tomar ningunha decisión, foron sometidos a unha presión social desproporcionada e inxusta polo simple feito de querer traballar por Viveiro.
A nosa campaña electoral estivo baseada nun cambio político real e non na alternancia política habitual entre as dúas grandes forzas. Logo de 20 anos de goberno do PP e 20 anos do PSOE entendiamos que era o momento de que unha forza política diferente tomara o liderado do noso Concello. Lamentablemente, os votantes decidiron outorgarlle á dupla PP-PSOE, 12 concelleiros, 7 e 5 concelleiros respectivamente, converténdoos unha vez máis nas forzas maioritarias en número de votos.
A aritmética electoral, colocou a nosa candidatura local, nunha posición determinante, para os vindeiros 4 anos, posición na que agardamos estar á altura das circunstancias para que Viveiro vire cara un rumbo mellor para o noso presente e futuro.
Dende o día seguinte ás Eleccións comezamos a traballar para chegar a un acordo sempre en base programática para chegar a unha acordo na elección de Alcalde ou Alcaldesa.
Sempre tivemos en conta que vivimos nunha democracia representativa, que permite acordos entre as forzas políticas aínda que non sexan as máis votadas, e consideramos que iso é positivo para a democracia. A pesar da rumoroloxía interesada, nunca, en ningún momento, Por Viveiro dixo que iamos votar á forza máis votada, nin que lle iamos deixar gobernar polo simple feito de selo, fora a forza que fora, iso é rotundamente falso, e animamos a calquera veciña ou veciño a demostrar o contrario.
Nesta democracia representativa, pódese chegar a acordos, a pesar de que moitos levanten a voz, agás cando son eles os que pactan con forzas de extrema dereita.
Dende o primeiro momento, tivemos dúas opcións riba da mesa. Un goberno do PP, con 7 concelleiros, ou un goberno do PSOE+BNG con 8 concelleiros, posto que o BNG dende o minuto cero indicou que non apoiaría ao PP, ademais de ter un acordo galego que lles obriga a apoiarse mutuamente.
Escoitamos a todas as forzas políticas, en base a un programa político de traballo para Viveiro, e a nosa candidatura valorou en conxunto as distintas opcións e decidimos democraticamente que Viveiro continuara cun goberno progresista, iso si, en base a un acordo co PSOE, que acompaña este comunicado, que agardamos sexa cumprido nos prazos estipulados.
Para aclarar ás e os nosos votantes, engadiremos unha cuestión. Durante as negociacións foi certo que o BNG pediu a Alcaldía para si mesmo en todo momento, e nós chegamos a pedila tamén para desatascar a situación sabendo que non era a mellor das opcións.
Ningunha das dúas posibilidades estivo nunca enriba da mesa, posto que o PSOE se negou en rotundo. Finalmente, para nós o acordo chegou con programa para Viveiro, e para eles en base a un acordo entre as forzas a nivel galego.
Deste mesmo xeito, decidiremos democraticamente nos vindeiros días se participamos ou non no Goberno de Viveiro, ao que fomos convidados por parte do PSOE, para facer a fiscalización do traballo diario e seguimento dos acordos establecidos para Viveiro.
Adxuntamos ademais o acordo programático alcanzado:
ACORDO PROGRAMÁTICO 2023-2025 para o voto a favor de Por Viveiro na investidura do Partido Socialista á Alcaldía de Viveiro:
1. Subvención anual do 50% do coste do Conservatorio de Música por parte da Deputación Provincial de Lugo.
2. Aprobación do PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL
3. Aceptación inmediata da cesión do Muelle Vello e da explanada da parcela completa do casino.
4. Semipeatonalización da Travesía da Mariña, mellora dos xardíns Noriega Varela mellorando os xardíns e arreglo completo do muelle vello creando unha zona de aparcamento, esparcemento e ocio. .
5. Reparación da explanada do casino, reforma das pistas deportivas para uso público.
6. Construción das Pistas de atletismo en Celeiro ou Cembedo.
7. Inversión de 300.000€ anuais durante os 4 anos para mellora de saneamento, abastecemento e pistas nas parroquias, mediante a elaboración dun plan de actuacións por Parroquia.
8. Reparación das beirarrúas de Xunqueira no primeiro semestre de 2024. 9. Parque infantil cuberto en Lodeiro durante o ano 2024.
10. Creación dunha comunidade enerxética, para xerar novos ingresos municipais a través da aposta pola enerxía solar fotovoltaica.
11. Creación de parques para Cans nos tres núcleos urbanos do Concello e habilitar zonas de praia durante o verán
12. Convocatoria anual do Foro Económico de Viveiro, que mellore a relación entre as empresas locais e sirva de impulso para a mellora empresarial de Viveiro.
13.Realizar un Plan de captación de Empresas, creación dun coworking municipal, unha lanzadeira de empresas.
14. Renovación completa do pavillón municipal de deportes
15. Creación da CASA DA CULTURA no antigo centro comarcal de Lodeiro.
Este acordo implica a execución do programa completo e inicio das diferentes actuacións no prazo anterior a dous anos.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



