Dicía Séneca que “nada é máis honorable que un corazón agradecido”.
Imaxinen por un momento que se presentasen por primeira vez a unhas eleccións nacionais pola súa provincia.
Imaxinen que o fixesen despois de 14 anos tratando de facer todo o que estaba nas súas mans por esta terra e desde a súa terra. Cunha única prioridade: a vocación inquebrantable de servizo público por e para Lugo; e por e para Galicia.
Imaxinen tamén que durante toda a campaña sentisen o apoio incondicional do seu partido; que todos os membros da candidatura se comportasen como o que son, como un equipo; e que nas últimas semanas moita xente os parase pola rúa, lles dixese que estaban orgullosos de votalos e que os animasen a seguir nesta liña.
Imaxinen, por último, se o obxectivo do seu partido fose alcanzar tres representantes para o Congreso e para o Senado -sendo moi conscientes da dificultade real de conseguilo- e certificar así o máximo apoio posible a Alberto Núñez Feijóo, o mellor candidato que se podería presentar en España para presidir o Goberno.
E se despois de imaxinar todo isto, comproban que o soño se converte en realidade, entenderán por que desde o Partido Popular de Lugo a única palabra que nos sae dicir é “gracias”.
Gracias aos medios de comunicación pola cobertura da campaña electoral, para que a sociedade lucense estivese en todo momento informada de cales eran as nosas propostas para despois poder escoller a opción que consideraban máis axeitada.
Gracias a todos os veciños e veciñas que nos mostraron o seu cariño durante as últimas semanas. Un compromiso de verdade, que ratificaron nas urnas con máis de 98.000 votos, superando o 50% dos apoios e acadando o mellor resultado de toda España para este partido.
Gracias a todo o equipo da candidatura polo gran traballo realizado. Só así se explica que o PP conseguise preto de 30.000 votos máis que nos comicios de 2019 na provincia de Lugo.
Gracias á familia do Partido Popular de Lugo: alcaldes e alcaldesas, portavoces municipais, concelleiros e concelleiras, afiliados e afiliadas, simpatizantes, e a todo o persoal do gabinete, da área de comunicación e do departamento administrativo, así como á dirección do PP, tanto a nivel nacional como rexional. Sen todos eles, sería imposible explicar por que gañamos en 63 dos 67 concellos da provincia.
En definitiva, gracias de corazón.
Porque pase o que pase agora en España, no Partido Popular de Lugo temos claro cal é o noso deber. Sabemos que é o que nos pediron os veciños e veciñas que depositaron en nós a súa confianza. Poden ter seguro que os tres representantes ao Congreso e os tres ao Senado cumpriremos a palabra dada: defender sempre, por enriba de todo, os intereses de Lugo.
Un mandato co que espero que poidamos estar á altura dos nosos votantes, pero tamén das persoas que optaron por outras opcións políticas o pasado 23 de xullo. Porque iso é o único que importa: servir ao pobo lucense con respecto, máxima dedicación e eterna gratitude.
Traballaremos por esta provincia da mesma maneira que ela acudiu ás urnas de xeito maioritario. De corazón e con cabeza.
Francisco Conde, candidato electo do Partido Popular de Lugo ao Congreso dos Deputados



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



