Os populares censuran, unha vez máis, “a desidia e abandono” do goberno local con dito centro e esíxenlle que cumpra o convenio asinado coa Consellería de Educación
Viveiro, 29 de setembro de 2023. O Grupo Municipal de Viveiro pregúntase se o tripartito municipal considera “apropiado e digno o trato que lle dá á Escola Oficial de Idiomas Luz Pozo Garza”. Os populares censuran así, unha vez máis, “a desidia e abandono” do goberno local con dito centro, sobre todo, sinalan, cando a proposta de nomeamento ata contou co visto e prace do Observatorio pola Igualdade da Mariña.
“Non son quen de xestionar unhas novas instalacións, pero tampouco son quen de manter cun mínimo de dignidade os acordos e convenios firmados con outras administracións”, afirma Mariña Gueimunde, en referencia á Xunta de Galicia.
E é que o Concello de Viveiro ten vixente un convenio coa Consellería de Educación dende o ano 2000 que especifica na cláusula terceira, primeiro, a cesión da planta 1ª do inmoble localizado en Lavandeiras e, segundo, que a entidade local se compromete a autorizar ao Goberno galego a realizar cantas cuestións sexan necesarias para adaptar o centro á normativa vixente. “É dicir, a alcaldesa está a incumprir a normativa e poñendo en perigo a homologación das ensinanzas e o futuro da EOI”, remarca a voceira do PP.
Neste senso, os populares denuncian que, no edificio onde se sitúa a Escola, retirouse sin comunicación previa o cartel que identifica estas ensinanzas, tal e como lle obriga a normativa, polo que os novos alumnos teñen dificultades para atopala. Esta circunstancia, en palabras de Gueimunde, “amosa unha imaxe lamentable e impropia, que no terceiro municipio da provincia, a Escola Oficial de Idiomas sexa maltratada deste xeito e se lle dea tan pouca relevancia”.
No decreto que establece o regulamento orgánico das escolas de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia, no artigo 3º, punto 6º, especifica que en todas as escolas oficiais de idiomas figurará na fachada do edificio, en lugar visible, un letreiro co escudo de Galicia e as expresións Xunta de Galicia, a denominación específica da consellería competente en materia de Educación, e a denominación da escola. Por este motivo, os populares queren chamar a atención sobre o feito da pouca sensibilidade educativa e cultural deste goberno municipal, “incapaz de facer todo o posible para prestixiar a Escola Oficial de Idiomas de Viveiro e poñela á altura da insigne docente e poetisa que lle da nome, a mariñá Luz Pozo Garza”.
Por todo elo, Gueimunde lamenta que “de novo sigan aflorando a deixadez, a inacción, a despreocupación; en definitiva, os sinais que retrataban e identificaban ao goberno municipal socialista e que foron un dos motivos polos que os cidadáns non renovaran a confianza na alcaldesa, e tiveran que ser o BNG e X Viveiro os que a rescataran da derrota electoral para perpetuar estes vicios tan nocivos e perxudiciais para o presente e futuro de Viveiro. A alcaldesa, conclúe, terá que decidir se Viveiro quere a Escola de Idiomas ou vai deixar que este servizo emigre a outro concello como tantos outros”.
























López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



