O alcalde agradece a súa asistencia e que BNG e PSOE acudisen á convocatoria realizada polo equipo de goberno
Ribadeo, 8 de novembro de 2023. O Concello reuniuse coas comunidades de montes para abordar a situación xerada tras os incendios do pasado 12 de outubro no que resultaron queimadas 1.603 hectáreas de superficie. O alcalde, Dani Vega, agradece a súa asistencia e tamén que BNG e PSOE acudisen á convocatoria realizada polo equipo de goberno.
O rexedor dixo que “desde o Concello de Ribadeo seguimos traballando e facendo unha xestión conxunta entre os Concellos de Foz e Trabada e tamén coa Xunta de Galicia”.
Vega lembrou que “facíamos hai poucos días unha valoración moi positiva da reunión mantida coa Consellería de Medio Rural para trazar unha estratexia conxunta de traballo. E tamén o Concello de Ribadeo foi o único en convocar aos portavoces dos grupos municipais, tanto do PSOE como do BNG. Explicámoslles todo o abordado cos Concellos de Foz, de Trabada e coa Xunta e tamén convidamos ás comunidades de montes a traballar conxuntamente nunha estratexia”.
O alcalde explicou que “nese encontro contámoslles que a Xunta está a facer un análise da situación, aí trasladamos os datos concretos da superficie queimada, que son 1603 hectáreas, e iso convértenos no concello con maior superficie queimada, pero os datos non están pechados. O número de afectados está aínda por concretar e o impacto económico e medio ambiental. Aquí a Xunta está a facer un traballo conxunto cos concellos e tamén convocaremos a todos os propietarios para informar das medidas a adoptar”.
Dani Vega indicou que “tamén faremos unha estratexia conxunta das cortas. Imos ter que simplificar a tramitación e pactalas entre propietarios, a dirección que corra a cargo da administración e as empresas forestais espero que respecten os contratos cos propietarios. Ribadeo liderou esta proposta e así llo explicamos aos dous grupos municipais, tanto ao BNG como ao PSOE”.
O rexedor considera que “haberá que tomar medidas a medio ou a longo prazo. Podería ser a xestión conxunta das plantacións, un plan de infraestruturas do século XXI, hai que realizar un inventario de camiños, aí o Concello xa está empezando a traballar, hai que ver o modelo económico, a maquinaria, hai que crear aparcamentos forestais, a actuación tamén nos depósitos de incendios, mellorar os accesos, etc. Creo que son unha serie de medidas que todos entendemos fundamentais. Hai que promover a colaboración coas comunidades de montes, coas agrupacións das mesmas e, creo que é unha boa reivindicación, empezar a instalar cámaras de vixilancia e por parte do Concello vamos tamén a redactar un protocolo para o caso de incendios”.
Vega subliñou que “son medidas de calado, son medidas importantes e hai que destacar que por parte das comunidades de montes entenderon que esta reunión foi moi positiva, así nolo trasladaron e tamén os grupos políticos nos agradeceron que os convocaramos e que lles explicaramos. En definitiva, que traballemos todos xuntos, que é o que importa, para solucionar un problema moi importante desde un punto de vista económico e tamén medio ambiental”.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



