O secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete Lasa, comprobou as obras que se executan no Campo Municipal de Celeiro, financiadas polo Goberno galego
Viveiro, 4 de decembro de 2023. A Secretaría Xeral para o Deporte destina anualmente preto de 100.000 euros a impulsar a actividade deportiva no municipio de Viveiro, apoiando o labor dos clubs e outras entidades, a organización de eventos ou a mellora das instalacións. En concreto, no período 2022-2023 investiu 194.800 euros, distribuídos practicamente a partes iguais en cada exercicio.
O secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe as obras de reforma de instalación eléctrica que se levan a cabo no Campo de Deportes Municipal de Celeiro, onde tamén se instalarán novas dotacións como vestiarios, sanitarios, bancos para os equipos, redes ou unha varanda de separación entre o terreo de xogo e os espectadores.
O Goberno galego achegou ao Concello de Viveiro 50.000 euros para estes traballos, a contía máxima prevista na orde de subvencións para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal.
A meirande parte do orzamento responde á colaboración da Xunta con máis dunha vintena de clubs deportivos viveirenses que ofertan en conxunto 17 modalidades distintas. As axudas teñen por obxectivo contribuír cos gastos derivados da súa actividade e, por outro lado, facilitar a adquisición de material deportivo e demais dotacións, convocatoria orientada este ano á compra de equipamento adaptado para mellorar a inclusión dos deportistas con discapacidade.
Catro clubs do municipio participan no programa de deporte escolar da Xunta Xogade, nas especialidades de atletismo, balonmán e xadrez, e a Secretaría Xeral para o Deporte tamén sufraga os seguros dos deportistas federados de 14 entidades de Viveiro, medida que beneficia aos rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos.
Instalacións máis seguras
O secretario xeral para o deporte e o delegado territorial tamén se desprazaron a Xove para supervisar os traballos de substitución da cuberta da bancada norte do campo de fútbol, para as que a Xunta achega igualmente 50.000 euros.
Os mandatarios galegos sinalaron que esta orde de axudas pretende reforzar a seguridade e a calidade das instalacións e infraestruturas deportivas públicas, que resultan imprescindibles á hora de procurar recursos que faciliten a práctica deportiva á cidadanía en xeral e as asociacións e clubs en particular.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


