En concreto, estase a mellorar a accesibilidade, a rede de saneamento e o pavimento da Avenida de Galicia e da Rúa Xosé María Cao no núcleo cervense con fondos municipais
Cervo, 6 de decembro de 2023. O Concello de Cervo comezou os traballos de mellora das arterias de comunicación do núcleo de Cervo.
A rexedora, Dolores García Caramés, e a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, supervisaron os traballos que se acometen estes días na Avenida de Galicia e na Rúa Xosé María Cao (no tramo Av. de Galicia-Centro de Saúde), cuxo ámbito de actuación supera os 7000 m2 co obxectivo de mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria nesta zona tan transitada.
Tal e como explicou a alcaldesa, “a obra supón un orzamento que supera os 200.000 euros -212.134,78 euros concretamente- procedentes de fondos propios do remanente de tesourería” e suporá unha mellora do firme, da accesibilidade e tamén da rede de saneamento, en varios tramos da zona.
Os traballos consistirán pois na renovación do firme, mellorando as condicións para a circulación rodada, na renovación da sinalización horizontal e do mobiliario urbano; e tamén se procederá a facer unha distición do tráfico rodado e do peonil ante o edificio municipal do GES e da Policía Local mediante a execución de beirarrúas. Así mesmo, tamén se vai eliminar parcialmente a isleta central existente na Av. de Galicia para posibilitar o cruce dos vehículos que circulen en sentido descendente pola avenida cara a rúa do Vilar, coa correspondente renovación da rede de saneamento nesa zona.
Caramés precisou que con esta actuación incidimos tamén no concepto de humanización, como vimos facendo en todas a novas actuacións que levamos a cabo; “co obxectivo de facer as nosas vilas máis accesibles e seguras para a veciñanza”.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



