Destaca a dignidade dun País en pé en defensa do litoral e contra a mentira, a manipulación e a incompetencia do PP na crise dos pellets
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro 2024. A portavoz nacional e candidata á Presidencia, Ana Pontón, encabezou a representación do BNG na multitudinaria manifestación que máis dun cento de colectivos convocaron en Santiago En defensa do noso mar, unha mobilización masiva que encheu as rúas da capital de Galiza e que a líder Bloque definiu como “a dignidade dun País en pé”.
“Estamos ao lado da xente do mar que está nesta manifestación rebelándose contra as mentiras e mostrando o seu amor polo noso medio mariño, a súa preocupación polo medio ambiente e a indignación ante tanta mentira e tanta indefensión dun Goberno do PP que repetía ante esta crise o mesmo modus operandi que no Prestige: mentira, ocultación, manipulación e a falta de respecto ante os galegos e as galegas”, declarou Pontón ao inicio da marcha.
Unha marea de dignidade que Pontón contrapuxo á marea de mentiras e á incompetencia do PP na xestión do verquido de 26 toneladas de pellets plásticos, demostrando que o litoral galego soporta “a mesma desprotección” que cando tras a catástrofe do Prestige Galiza saíu á rúa baixo o lema Núnca Máis.
“Hoxe en Santiago hai un País en pé reivindicando un goberno que lle diga a verdade, reivindicando algo fundamental para Galiza como é a protección do noso mar e iso é o que tamén está en xogo o próximo 18 de febreiro. Eu quero ser a presidenta que lle diga a verdade aos galegos e ás galegas, que se poña a fronte ante unha crise e que traballe para protexer o noso mar”, destacou a candidata do BNG.
Neste sentido, Pontón avanzou que se ten a confianza para ser presidenta reclamará todas as competencias en materia de loita contra a contaminación mariña e de salvamento e porá en marcha un Plan de rexeneración e de recuperación das rías, en contraposición a un Partido Popular cruzado de brazos ante a crítica situación do sector pesqueiro e marisqueiro.
“Levamos vendo nos últimos quince anos a un Goberno do PP que non soubo coidar do mar nin á xente que vive do mar; perdemos 700 barcos, 5.000 empregos e o sector está soportando unha crise de produtividade que está deixando atrás a moitas persoas e lastrando o futuro de Galiza, isto tamén forma parte do que nos xogamos o 18F”, explicou.
A portavoz nacional subliñou que nas ateigadas rúas de Compostela, percibíase as “ganas” de cambio, “e quen pode liderar ese cambio é o BNG”. “Vou ser a presidenta que lle diga á verdade ós e as galegas, que se poña á fronte ante calquera crise e que traballa para darlle futuro á xente do mar e por coidar o noso medio ambiente”, recalcou.
En Galiza tras a catástrofe do Prestige medrou moito a conciencia ambiental, “e hoxe vemos de novo como necesitamos coidar do medio ambiente, unha obriga que tamén temos coas xeracións máis novas”, alegou, para deixarlles un planeta habitable. “Síntome tremendamente orgullosa de ser galega, formar parte dun País que se revela contra a mentira e que ama o seu mar”, concluíu Pontón en referencia a multitudinaria resposta que a xente do mar e o conxunto da cidadanía deu hoxe en Santiago.
O BNG recalca o potencial do sector mar-industria, clave desde o punto de vista económico e social, e destaca a calidade do produtos pesqueiros e marisqueiros, que son unha referencia no mundo. Por iso urxe un goberno que se poña do lado do sector e que tome medidas para a preservación do litoral, fronte a un PP instalado na inacción pese as dificultades que atravesa o sector, a perda continuada de produtividade, de embarcacións e de postos de traballo. Quince anos despois, este goberno sigue tendo pendente a rexeneración das rías.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



