Xove, 23 de xaneiro, 2024. O Concello vén de facer público o programa do Entroido 2024
Venres 9 de febreiro, previo ao gran Desfile, haberá no Pavillón Municipal a partir das 18:00 h un baile infantil de disfraces, amenizado pola disco móbil Conxuro.
Sábado 10, actividades centrais do Entroido, co seguinte programa:
-17:00 horas.- desfile de entroido polas rúas de Xove, con saída do entorno do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Durante o desfile e ao remate do mesmo contarase coa amenización e actuación da Mekánika Rolling Band.
-Unha vez rematado o Desfile e a actuación haberá festa rachada no Pavillón ata altas horas da madrugada. Será tamén un baile de disfraces, amenizado primeiro pola disco móbil Conxuro. Nun intermedio desta actuación entregaranse os premios infantís do Desfile. Despois da Disco Móbil imos chegará a actuación do Grupo Fénix, e no intermedio da mesma farase entrega dos restantes premios (categorías adultos) do Desfile. A festa continuará no Pavillón ata altas horas da madrugada coa Disco Móbil Conxuro. Os premios vanse entregar en metálico.
Inscircións
-No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 9 de febreiro incluído, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.
-O mesmo día do desfile (10 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.
O Concello ten previsto que tod@s os participantes a nivel individual, parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 10 de febreiro) reciban un agasallo de parte da organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo que se lles entregará ao final do Desfile, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.
Segundo as Bases o gran desfile de xove vai repartir 4.910 euros en premios, recollidos nas seguintes categorías:

As Bases do Concurso poden verse en: www.xove.es























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



