Nota de prensa
O deputado do Grupo Popular no Parlamento de Galicia rexistra unha iniciativa pola que pide á Xunta que explique as melloras de índole ambiental, en seguridade e desconxestión do tráfico viario que traerá consigo o corredor
Balseiro xulga “incomprensible” que Roel se opoña ao novo trazado da circunvalación cando ten por obxecto acabar cun problema endémico na cidade do Landro: as retencións de tráfico.
* Desde o Partido Popular de Galicia lamentan que cada vez que hai vontade na administración autonómica para impulsar unha infraestrutura que o bipartito mantiña paralizada, atópanse cos obstáculos impostos polo rexedor socialista de quen dubidan teña verdadeiro interese en contar con esta nova infraestrutura viaria.
Viveiro, 2 de outubro de 2010.- O deputado do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol, xulga “incomprensible” que o rexedor socialista de Viveiro, Melchor Roel, se estea a opoñer ao novo trazado da circunvalación do corredor da costa, cando un dos principais obxectivos desta modificación é o de rematar cun problema que cualificou de endémico na cidade do Landro: as retencións de tráfico, especialmente significativas en horas punta e durante os meses de verán.
ROEL NON QUERE O CORREDOR
Desde o Partido Popular de Galicia lamentan que cada vez que hai vontade na administración autonómica para impulsar unha infraestrutura –a vía de altas prestacións da costa norte-, atópanse, unha e outra vez, coa esaxerada belixerancia e os obstáculos protagonizados polo rexedor socialista. A devandita circunstancia fai sospeitar aos popular das verdadeiras intencións de Melchor Roel de quen dubidan teña verdadeiro interese en contar con esta nova infraestrutura. “Como no bipartito durante catro anos foron incapaces de levar adiante o corredor ao seu paso por Viveiro, e tiñan freado na práctica os trámites administrativos dos treitos que corresponden a este concello, parece que lle molesta, e que está disposto a facer todo o posible por impedir que sexa un Goberno do PP quen faga realidade esta estrada tan demandada”-conclúe Balseiro Orol.
MÚLTIPLES MELLORAS
O deputado popular explica que, co obxecto de coñecer máis polo miúdo as múltiples vantaxes da nova circunvalación do corredor ao seu paso por Viveiro, o PPdeG vén de rexistrar unha iniciativa no Parlamento de Galicia. Nela emprazan á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a que explique as melloras de índole ambiental, en seguridade e desconxestión do tráfico viario que traerá consigo o corredor, fundamentalmente grazas á captación dos vehículos –segundo os cálculos máis de 20.000- que xa non terán que pasar polo centro mesmo da cidade do Landro, nin polas estradas actuais Lu-540 e Lu-862, empregando o corredor como nova vía alternativa. Os populares tamén se interesan polas melloras técnicas que permitirán reducir o impacto ambiental, acústico e atmosférico e incrementar a seguridade da vía e sinalan que, de coñecerse estas, e cesar as manipulacións que ao respecto das mesmas está a desenvolver a alcaldía, o novo trazado contará co apoio dos veciños.
Balseiro acolle como propios os argumentos expresados pola Xunta e subliña que a solución proposta non defire substancialmente do obxectivo contemplado polo anterior Goberno bipartito, xa que na redacción do seu proxecto inicial, elaborada en 2007, xa se establecía a inclusión dun enlace intermedio no treito Landrove-Celeiro e conexión co núcleo de Viveiro. “Se no seu momento xa se prevía esto, era porque na Xunta había unha consciencia de que, ante a oportunidade de facer esta nova vía, o seu trazado debía responder ás necesidades que hoxe existen en materia de comunicacións neste concello e, á vez, solucionar os graves problemas de saturación viaria que hoxe existen”
UNHA OBRA QUE IMPULSA O PP TRAS A PARÁLISE DO BIPARTITO
O deputado popular lembra, finalmente, que a construción do corredor da Costa, como non podía ser menos, ten a súa razón fundamental na dotación dunha moderna vía de comunicación que vertebre os concellos da costa norte das provincias de Lugo e da Coruña. Coa chegada do Partido Popular á responsabilidade de Goberno en Galicia a construción do corredor da Costa experimentou un “notable avance”: Deron inicio por primeira vez as obras no tocante a provincia de Lugo –cun investimento de 30 millóns de euros no treito Celeiro-San Cibrao- e recuperouse o impulso da tramitación administrativa do resto dos treitos de competencia autonómica, que estaban paralizados na práctica polo bipartito


















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



