Ameijide incide en que “tódalas administracións deberían colaborar neste cometido”; pero, ademais, as Deputacións provinciais teñen a obriga de cooperar cos Concellos máis pequenos e incluso a Lei de Bases de Réxime Local lle outorga competencias propias na materia
Lugo, 5 de marzo de 2024. O portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, condena unha vez máis a “falta de cooperación do goberno de PSOE e BNG na Deputación de Lugo cos concellos da provincia”. Nesta ocasión, o popular pon como exemplo “a negativa sistemática a asinar un convenio coa Xunta de Galicia en materia de prevención de incendios forestais na provincia, como o que vén de asinar a Deputación de Pontevedra sumándose á Deputación de Ourense que ten demostrado implicación na materia durante os últimos anos”.
Ameijide explica que “o presidente da Deputación, José Tomé, leva catro anos desatendendo esta proposta de colaboración por parte da Xunta de Galicia” que lle
“ten dirixido cartas dende agosto do 2020 propoñéndolle asinar formalmente esta colaboración entre administracións”.
Hoxe, na época do ano na que é absolutamente fundamental desenvolver os traballos de prevención ao longo de todo o territorio, “queda demostrada de novo, a sensibilidade por parte das Deputacións gobernadas polo Partido Popular”; mentres que “PSOE e BNG se negan dun xeito reiterado a poñer a disposición dos Concellos da provincia medios materiais para a prevención e defensa contra os lumes e a desenvolver actuacións de prevención no ámbito agroforestal”, explica o popular.
Ademais, o convenio tamén podería recoller formación especializada para o uso de maquinaria de prevención por parte do persoal municipal, como é o caso do documento asinado entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.
Ameijide cre que na loita contra o lume “tódalas administracións deberían traballar dende a unidade por vontade propia. A Xunta de Galicia xa asume as súas competencias; pero as Deputacións provinciais non só teñen a obriga de cooperar cos Concellos máis pequenos en asuntos de competencia municipal -como é unha das súas principais funcións-; senón que a propia Lei 7/1985, do 2 de abril, de Bases de Réxime Local establece dentro das competencias propias das Deputacións provinciais os servizos de prevención e extinción de incendios nos concellos de menos de 20.000 habitantes -todos menos a capital- cando estes non procedan á súa prestación”. Polo tanto, para o popular “o goberno de José Tomé, PSOE e BNG, volve a incumprir as funcións que lles son propias deixando tirados aos Concellos”.
CONVENIOS A DEDO CON CONCELLOS DOS AMIGUETES
O voceiro do PP incide en que “o goberno provincial non pode dicir que non ten recursos para dirixir á prevención e loita contra incendios forestais nos municipios da provincia cando reparte millóns en convenios cos Concellos gobernados polos seus amiguetes”. De feito, no 2023 PSOE e BNG aprobaron en xunta de goberno da Deputación de Lugo dirixir 15M€ a Concellos gobernados polo PSOE ou o BNG que “demostra claramente o seu sectarismo e trato discriminatorio aos Concellos por cores políticas”.



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



