O Presidente asinou este xoves un acordo co Alcalde trabadense a través do que a institución provincial colabora con esta cita cunha achega económica de 10.000€, que servirá para a elaboración deste prato pero tamén para o impulso de actividades ao longo da xornada
Lugo, 4 de abril de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este xoves un acordo de colaboración co Alcalde de Trabada, Rubén García Freije, para impulsar a celebración da quinta edición da Festa Gastronómica da Enfariñada, que se celebrará o vindeiro día 5 de maio.
O mandatario provincial resalta a importancia desta festa que combina tradición con cultura e que pon en valor este prato típico, dándoo a coñecer dun xeito gratuíto para o conxunto da sociedade. “Esta cita naceu no 2015 e xa ten unha gran aceptación. De feito, o ano pasado servíronse máis de 700 racións, o que dá boa mostra do gran traballo que fan dende o Concello e tamén dende a veciñanza para facer desta festa un atractivo máis de Trabada que contribúa á dinamización social e económica”, indicou José Tomé.
A institución provincial achegará 10.000€ para esta cita, que servirán para a elaboración da enfariñada, pero tamén para a organización de actividades que animen esta xornada festiva, música e un mercadillo de produtos locais e de artesanía.
A enfariñada, tamén chamados faragullos, elabórase con touciño, ovos, leite, fariña e auga, e entrégase para a súa degustación en cuncas. A súa elaboración corre a cargo da veciñanza, que se involucra dun xeito desinteresado para dar a coñecer este prato típico da zona.























O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



