Carme da Silva insta ao Goberno do Estado a aclarar se a compañía lusa recibirá os máis de 200 millóns de euros dos fondos europeos que reclama
Santiago de Compostela, 09 de abril, 2024. Deputados e representantes municipais do BNG participaron este luns en Pontecesures nun acto organizado para amosar a súa rotunda oposición á implantación da macrofactoría de Altri en Palas de Rei, unha bomba medioambiental no corazón de Galiza que acende as alarmas tamén nos concellos que se nutren da estación de tratamento de auga potábel (ETAP) do río Ulla, tanto polos efectos que a celulosa terá na calidade das augas como polo risco de abastecemento que suporá.
Xunto aos deputados Luís Bará, Rosana Pérez, Montse Prado e Iria Carreira, participaron no acto a senadora Carme da Silva, a alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino e o rexedor de Catoira, Xoán Xosé Castro, xunto a xunto a representantes do BNG en Ribeira, Pobra do Caramiñal, Rianxo, Padrón, Valga, e Dodro, os concellos xunto a Boiro e Vilagarcía que se abastecen da mencionada estación potabilizadora e que poderían verse prexudicados gravemente pola instalación da celulosa.
Segundo os plans feitos públicos por Altri, a macrofábrica de Palas consumirá directamente desde o río Ulla 46.000 metros cúbicos ao día, o que supón máis do 10 % do volume de auga do encoro de Portodemouros e equivale ao consumo de auga humano de toda a provincia de Lugo.
O proxecto contempla tamén que a celulosa verta de volta ao río 30.000 metros cúbicos ao día de augas industriais “que incidirán aínda máis na contaminación do río”, segundo subliñou a deputada Rosana Pérez, que xa ten rexistrado no Parlamento galego unha batería de iniciativas contra os plans da empresa portuguesa e para reclamar o desenvolvemento dun plan, en colaboración coas distintas administracións e co tecido socioeconómico, de mellora integral da calidade da auga e da biodiversidade da bacía do Ulla.
O BNG sostén que, de se levar a cabo, este proxecto suporá un empeoramento da calidade da auga do río tanto polos vertidos como polo risco de eutrofización ao baixar o caudal nos tres encoros superpostos (Portodemouros, Brandariz e Touro). “É evidente que todos estes efectos negativos serán trasladados augas abaixo causando un impacto no río Ulla moi severo, empeorando a calidade das súas augas e comprometendo o caudal en épocas de estiaxe”, apúntase nunha das rexistradas polo BNG..
Rosana Pérez lembrou ademais que a explotación e subministro de auga aos dez concellos da ETAP que se sitúa en Padrón é competencia da Xunta desde o ano 1996 e que, recentemente, despois de 30 anos, Augas de Galicia vén de adxudicar a súa ampliación diante da crecente demanda e a escaseza de auga nos períodos de seca, cada vez máis frecuentes.
A deputada considera imprescindible a ampliación anunciada, polo que reclamou á Xunta que manteña un proxecto que permitirá aumentar un 40 % a capacidade da ETAP e garantir o subministro de auga a unha poboación que se achega aos 100.000 habitantes no conxunto dos dez concellos. Algúns destes, nomeadamente os da Arousa Norte, xa teñen sufrido restricións aos veciños e veciñas, acoutando as posibilidades de desenvolvemento de chan industrial, subliñou Rosana Pérez.
Pola súa parte, a senadora do BNG lembra que unha das condicións que pon a empresa lusa para instalarse na Galiza é a percepción de entre 200 e 250 millóns de euros dos fondos europeos recollidos no PERTE de descarbonización. “O Goberno non pode amparar nin apoiar o desenvolvemento deste tipo de industrias que afectan negativamente ao medio ambiente, á protección da biodiversidade e a un uso sustentábel dos recursos hídricos” sinala Carme da Silva.
Por este motivo, da Silva avanza que este martes, durante a sesión de control ao Goberno do Estado no Senado, o BNG preguntará ao Ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, sobre a vontade do executivo de “incluír ou non” a macrocelulosa de Palas de Rei entre os proxectos que recibirán axudas do PERTE de descarbonización.
“Deberá dar a coñecer a posición do Goberno en relación a este proxecto e mesmo se existe algún tipo de compromiso por parte do executivo para que a macrocelulosa poida acceder a estes fondos” afirma. Neste sentido, a senadora do BNG denuncia que o proxecto incumpre os requisitos estabelecidos para a percepción destes fondos.
























Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



