“Estamos moi satisfeitos coa resposta veciñal ao operativo iniciado en verán, xa que a meirande parte das parcelas que precisaban unha mellora foron arranxadas”, sinala a alcaldesa Carmela López
Burela, 11 de abril de 2024. O Concello de Burela agradece á veciñanza a súa resposta ao operativo iniciado o pasado agosto pola Policía Local de Burela para controlar o estado de mantemento e conservación dos soares do municipio.
Das 150 parcelas con expedientes abertos por incumprir as condicións estéticas e de hixiene necesarias, máis de 100 se atopan xa limpas, sen que isto supuxese ningún custo adicional para o Concello.
“Estamos moi satisfeitos coa resposta veciñal ao operativo iniciado en verán, xa que a meirande parte das parcelas que precisaban unha mellora foron arranxadas pola propia veciñanza despois das peticións que lles mandamos”, sinala a alcaldesa Carmela López.
A limpeza destes soares “era necesaria tanto por criterios estéticos como hixiénicos e de seguridade, polo que dende o Concello realizamos un esforzo a nivel técnico identificando os problemas existentes e a veciñanza respondeu con responsabilidade, aportando deste xeito todos e todas o noso gran de area”, explica.
López destaca que “o balance do operativo é moi positivo, pois non se tivo case que sancionar, e as limpezas tiveron un custo de 0€ para o Concello de Burela”. “Os casos máis complexos son os de terreos cuxa propiedade foi herdada por moitas persoas, ou os que son propiedade da Sareb”, subliña.
“Manter as parcelas limpas é unha prioridade do noso Goberno, xa que é unha demanda fundamental da cidadanía de Burela e se encadra no noso obxectivo de manter unha vila bonita e agradable para vivir”, engade a rexedora.
Ata o momento só foi necesario recurrir á execución subsidiaria, na que o Concello procede á limpeza do soar con cargo á persoa ou persoas propietarias do mesmo, en 4 casos. Outros 20 expedientes atópanse actualmente en curso de cara á execución subsidiaria.
Ademais de proceder á execución subsidiaria, de acordo co artigo 47 da Ordenanza Municipal de Limpeza no seu apartado b.3, o Concello proporá para sancións de ata 1.500€ ás persoas que incumpran o deber de manter os terreos “limpos, libres de residuos e nas debidas condicións de hixiene, salubridade, seguridade e ornato público”.


























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



