A Coordinadora “Eólica Así Non” concentrouse hoxe diante do Parlamento para reafirmar o seu compromiso na defensa do territorio contra a invasión eólica de cara á próxima lexislatura de Rueda
Compostela, 11 de abril, 2024. Coincidindo coa votación parlamentaria da investidura do presidente da Xunta de Galiza, Alfonso Rueda, a Coordinadora “Eólica Así Non” convocou esta tarde unha concentración diante do Parlamento de Galiza para advertirlle ao titular da Xunta que a acción xudicial e a mobilización social contra o seu inxusto, insustentábel e ilegal modelo eólico non van cesar nesta lexislatura. Baixo o lema “Rueda escoita, seguimos en loita!”, o movemento Eólica Así Non reafirma o seu compromiso coa defensa do pobo e do territorio galegos contra os abusos das corporacións especuladoras da enerxia e das políticas espoliadoras e antidemocráticas impostas polo Partido Popular desde a Xunta de Galiza e o Parlamento Galego.
Nesta ocasión, a Coordinadora Eólica Así Non instou a Alfonso Rueda e ao novo Executivo galego a virar radicalmente de posicionamento con respecto á súa política eólica e enerxética e a actuar con responsabilidade diante da ameaza continua á que se ve sometida a cidadanía galega pola invasión eólica e da situación de parálise e incertidume á que a Xunta condenou o desenvolvemento enerxético eólico do país.
Para Eólica Así Non, o único responsable da inseguridade xurídica e bloqueo que envolve o desenvolvemento da enerxía eólica en Galiza foi e segue a ser o goberno da Xunta do PP, o cal dispuxo nos últimos anos unha nefasta política eólica ao ditado do lobby enerxético, baseada no impulso de reformas normativas “golpistas” e antidemocráticas destinadas a mermar a capacidade de intervención da cidadanía nas decisións políticas e as garantías de protección ambiental do territorio. Coa chegada de Rueda ao goberno da Xunta, esa política agresiva e regresiva en materia de dereitos cidadáns e democráticos adquiriu maior intensidade, ata o punto de chegar a declarar -con carácter retroactivo- os proxectos eólicos de “interese público superior” para facelos prevalecer sobre calquera outra actividade ou interese xeral. Ademais disto, tamén cedeu o control dos recursos naturais do país a unha sociedade empresarial con predominio do capital privado, afondou no recorte de prazos de consulta e de participación pública e autorizou preto dun cento de polígonos macroeólicos sen as suficientes garantías ambientais e sen o aval social. Alfonso Rueda tamén foi o impulsor do outorgamento de autorizacións de instalacións macroeólicas fóra das áreas de desenvolvemento eólico e artellou unha campaña inédita de descrédito do poder xudicial galego que traspasa todos os límites da decencia política e democrática.
Decálogo de reivindicacións
No decurso do acto, varios representantes das entidades que forman parte da Coordinadora presentaron no rexistro do Parlamento o seu decálogo de reivindicacións para un modelo enerxético xusto, sustentábel e ao servizo do pobo, que foi consensuado polos diferentes sectores sociais nas xornadas “Temos Alternativa” celebradas o pasado ano en Pontevedra. No escrito, dirixido tanto aos novos grupos parlamentarios como ao presidente da Xunta de Galiza, apélase de novo ao establecemento dunha moratoria na autorización de proxectos eólicos e a unha planificación enerxética que estea ao servizo do país e na que se contemple o cumprimento das obrigas ambientais, o aforro e a eficiencia sobre a xeración eléctrica, a intervención pública na produción e distribución da enerxía ou a restauración da participación libre e democrática do pobo na toma de decisións sobre o aproveitamento dos nosos recursos.
As persoas e entidades congregadas diante do Parlamento Galego urxiron a Rueda a abandonar o seu servilismo para coas multinacionais da enerxía e a gobernar verdadeiramente como presidente da Xunta, ao servizo unicamente dos intereses dos galegos e galegas. Lembráronlle tamén ao renovado titular da Xunta que, malia aos seus intentos de saltarse as regras do estado de dereito e da normativa vixente, a mobilización social e a loita organizada están conseguindo manterlle o pulso á invasión eólica. Polo tanto, fica nas mans do presodente da Xunta seguir apostando por un modelo eólico ilegal, que pon en risco o erario público galego e que condena ao fracaso a nosa transición ecolóxica; ou virar cara a un modelo enerxético alternativo, consensuado co pobo, compatíbel coa preservación da biodiversidade e que revirta en beneficio dos galegos e galegas.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



