A portavoz, Mariña Gueimunde, subliña que “ao situarse próximo ao casco histórico, é un sendeiro moi visitado e transitado ao longo de todo o ano tanto por veciños como turistas para pasear ou facer deporte, especialmente en períodos estivais”
Viveiro, 6 de maio de 2024. O Partido Popular destaca o potencial natural de Viveiro e, sendo conscientes da riqueza que supón contar cunha paisaxe única debuxada no entorno do río Landro -declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC)-; convida ao goberno municipal a realizar o mantemento e acondicionamento do paseo fluvial que conecta a cidade coa parroquia de Galdo, entre a ponte da vía do tren situada no aparcamento da variante e a área recreativa de Portochao.
A portavoz, Mariña Gueimunde, subliña que “ao situarse próximo ao casco histórico, é un sendeiro moi visitado e transitado ao longo de todo o ano tanto por veciños como turistas para pasear ou facer deporte, especialmente en períodos estivais”. Por iso, advirte das súas deficiencias e recordará no pleno da corporación municipal deste mércores a necesidade de actuar con urxencia para “reparar os elementos do paseo que están deteriorados e acondicionar debidamente este entorno natural para reverter a súa situación de abandono”.
A popular explica que “os viandantes e usuarios deste paseo e dos parques infantís situados ao inicio e ao final do camiño poden ver todo tipo de danos”. Nese sentido, enumera: losetas de caucho do parque danadas, zonas de xogo con pintadas de graffiti e deterioradas, lousas do paseo rotas e levantadas, varios carteis informativos e sinais ilexibles, algunha zona que acumula lodos que dificulta o paso, maleza invadindo o paseo nalgúns puntos, un banco con partes rotas que deixa puntas ao aire, algunha acumulación de ramas aos lados do paseo que facilita a proliferación de avespas, taboleiros de madeira da pasarela rotos, unha varanda de madeira partida pola metade, etc.
Os populares defenden o patrimonio natural de Viveiro porque é “outro dos atractivos do municipio”. Así, chaman a atención do goberno local para “realizar os labores de conservación nos sendeiros e equipamentos de uso público para que veciños e visitantes poidan gozar dende o respecto e con seguridade dun entorno atractivo e coidado”.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



