O orzamento da obra é de case 50.000 euros, financiados con fondos propios
Cervo, 15 de maio de 2024. O Concello de Cervo acomete estes días uns traballos de mellora e acondicionamento dun camiño que transcorre polo núcleo de Abrigo, na parroquia de Rúa, que da acceso a diferentes fincas da zona.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, a delegada de Obras e Infraestruturas, Mali Méndez, e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, achegáronse ata a zona para supervisar in situ a actuación, xunto co pedáneo, Ramón Elemparte e os responsables técnicos da obra.
O proxecto contempla a ampliación do ancho do camiño, de maneira que se facilite o acceso ás fincas localizadas nesa zona. Levantarase, tamén, un muro de dique para a contención da estrada, de 25m de largo e 2,5m de ancho, e así estabilizar o noiro existente.
Levarase a cabo – tamén – unha pavimentación da vía mediante a extensión e compactación dunha capa de xabre.
O orzamento desta execución elévase ata os 48.291,43 euros, financiados con fondos propios.
A alcaldesa sinalou que “esta actuación pretende mellorar a accesibilidade ás diferentes fincas que se atopan no núcleo de Abrigo, na parroquia de Rúa. Con esta obra incrementamos as infraestruturas básicas e melloramos a accesibilidade dunha zona rural do noso municipio”. Seguimos traballando así –apuntou- para ir “equilibrando a balanza dos servizos básicos das zonas urbanas e rurais” para que sexan ambas igual de atractivas para vivir e para poder motivar tamén o establecemento de novas familias nestes núcleos, precisou.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



