Ribadeo, 15 de maio de 2024. Todo está listo en Ribadeo para a celebración das primeiras Xornadas da Cabala, que terán lugar do 17 ao 19 de maio. Están organizadas por Acisa Ribadeo coa colaboración da OPP-7 do Porto de Burela. Na cita gastronómica participan 21 locais hostaleiros.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, lembrou que “do 17 ao 19 de maio terán lugar as primeiras Xornadas da Cabala de Burela nas que participarán 21 locais hostaleiros asociados a Acisa Ribadeo, que van ofrecer tapas e pratos preparados con este peixe capturado polos barcos do porto burelés. A OPP facilítanos de forma gratuíta preto de 90 quilos de cabala que distribuímos entre os bares, mesóns e restaurantes sen ningún tipo de custe para eles”.
Os locais participantes son: Queimada, O Lar de Manolo, El Rincón del Gordo, La Quinta, A Horta de San Roque, O Indiano, La Solana, A Mirandilla, La Bugalla, Javier Montero, San Miguel, Parador de Turismo, Ramonita, Cayo Coco, Costa Verde, A Menchina, La Flor de Jose, Kalpa Amodiño, Mesón D´Cata, Mareta e Barallocas.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, subliñou que “esta é xa a terceira vez que desde Acisa regalamos materia prima para a elaboración das tapas e dos pratos ás nosas asociadas e asociados, co que pretendemos deste xeito aforrarlles custes nas campañas que lles propoñemos. Isto marca unha liña de acción da nosa asociación para este tipo de eventos, que iniciou a actual directiva coas xornadas da lura e as da merluza de Burela e que segue agora coa cabala”.
Cruzado Iglesias puntualizou que “o que lles aportamos aos 21 locais é unha parte do produto que van empregar para elaborar as súas preparacións. Os bares van ofrecer tapas e os restaurantes diferentes pratos dun produto de tempada como é a cabala ou xarda”.
Pérez Prada indicou que “con estas xornadas o que pretendemos é axudar á dinamización do sector hostaleiro nesta data tan especial que coincide coa celebración das Letras Galegas, ofrecendo unha alternativa aos ribadenses e á veciñanza doutras localidades da Mariña e do Occidente asturiano a quedarse ou a vir a Ribadeo a disfrutar dunha proposta gastronómica diferente”.
A presidenta do colectivo empresarial ribadense engadiu: “desde Acisa queremos agradecer a colaboración e o apoio da OPP-7 para poder organizar estas novas xornadas gastronómicas en Ribadeo. As da pescada, que fixemos en novembro, tiveron unha moi boa acollida, que agardamos repetir nesta ocasión coa cabala ou xarda”.
No acto de presentación das Xornadas de Cabala de Burela participaron o presidente e o xerente da OPP-7 de Burela, Juan José Otero e Sergio López, o xerente de Absa, Miguel Neira, así como a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
Premios do día da nai
Mañá, 16 de maio, remata o prazo para reclamar os premios sorteados na campaña do día da nai de Acisa Ribadeo.
Os números agraciados son o 2.734, entregado en Farmacia Álvarez Lebredo e premiado coa experiencia Entre burbullas, dunha noite con almorzo e acceso a spa a escoller entre 330 estancias; e o 6.113, que foi entregado en Kids&Us e que corresponde ao colgante exclusivo de prata de lei con madreperla, cortesía de Galería Terra Branca.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



