Nota de Prensa
Pedro Puy destaca que a medida afecta a 480.000 dos 715.000 galegos “que cobran a pensión media máis baixa do Estado” e lembra que o PSOE “non cumpre 10 resolucións no Congreso e 2 no Senado pedindo a supresión” da mesma
O PARLAMENTO APROBA, COS VOTOS EN CONTRA DO PSOE, UNHA INICIATIVA DO GRUPO POPULAR DIRIXIDA A QUE O GOBERNO DE ZAPATERO RENUNCIE A CONXELAR AS PENSIÓNS
* “Vulnerouse o Pacto de Toledo por decretazo e facendo recaer o recorte do déficit en quen máis o precisa, e non nos que máis teñen”, afirmou o voceiro de Economía do Grupo Popular, quen defendeu os compromisos asumidos no dito Pacto e o desenvolvemento dun sistema público de pensións “por consenso”, que supere “os grandes retos presentes e futuros”.
* Puy lembrou que o Goberno do PP tivo que pedir un crédito de 500.000 millóns de pesetas para a paga extraordinaria en 1996, cando había “un burato de 800.000 millóns de pesetas”, mentres que hoxe “o Fondo de Reserva supera os 60.000 millóns de euros”, para argumentar que “é posible manter as pensións e garantir a viabilidade do sistema público”.
Santiago, 14 de outubro de 2010.- O Pleno do Parlamento galego aprobou hoxe, cos votos en contra do PSOE, unha iniciativa do Grupo Popular pola que se insta á Xunta a demandar ao Goberno de Zapatero que renuncie a conxelar as pensións contributivas. A proposición non de lei insta tamén á Xunta a solicitar que se convoque de xeito urxente a Comisión do Pacto de Toledo, co fin de que se acorden por todos os grupos as reformas que sexan necesarias para garantir a viabilidade e o futuro do sistema de Seguridade Social.
O voceiro de Economía do Grupo Popular, Pedro Puy, destacou na súa intervención que a medida afecta a 480.000 dos 715.000 galegos “que cobran a pensión media máis baixa do Estado” e lembrou que o PSOE “non cumpre 10 resolucións no Congreso e 2 no Senado pedindo a supresión” da conxelación. Igualmente, rexeitou que a UE impuxese esta medida e explicou que esta “supón un aforro de 1.700 millóns de euros, cando o suprimido imposto sobre o Patrimonio supuxo recadar 2.000 millóns en 2008”.
“Vulnerouse o Pacto de Toledo por decretazo e facendo recaer o recorte do déficit en quen máis o precisa, e non nos que máis teñen”, afirmou o voceiro de Economía do Grupo Popular, quen defendeu os compromisos asumidos no dito Pacto e o desenvolvemento do sistema público de pensións “por consenso”, que supere “os grandes retos presentes e futuros”. Nese sentido, lembrou que en Galicia a taxa de pensionistas sobre o total de cotizantes é xa do 70%.
“É POSIBLE MANTER AS PENSIÓNS”
Puy lembrou que o Goberno do PP tivo que pedir un crédito de 500.000 millóns de pesetas para a paga extraordinaria en 1996, cando había “un burato de 800.000 millóns de pesetas”, mentres que hoxe “o Fondo de Reserva supera os 60.000 millóns de euros”, para argumentar que “é posible manter as pensións e garantir a viabilidade do sistema público”.
Sen embargo, apuntou, o Goberno socialista conxela por decreto practicamente todas as pesións, malia asegurar en Rodiezmo que se suben as pensións máis cativas “sen levalo ao Pacto de Toledo” e “ao final, esta forma de gobernar levar a un resultado: nin talante, xa que non se fai caso ás 12 resolucións das Cortes, nin Rodiezmo”.
Por último, Puy amosou o compromiso do PP co sistema público de pensións, o que, dixo, implica “máis emprego e produtividade como mellor garantía do sistema; deslindar fontes de financiamento; dedicar o superávit ao fondo de reserva e non a modificar as condicións das pensións; crear incentivos para que a idade de xubilación legal coincida coa real; incentivar unha mellor evolución demográfica; adecuar as bases de cotización aos ingresos reais; revisar os mecanismos de bonificación á contratación; e fomentar a cultura de aforro e a previsión”.



















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



