O xoves 30-M o Congreso estatal aprobou definitivamente a lei orgánica que deixará sen efecto ningún todas as condutas incluídas no seu perímetro que foron obxecto dunha condena penal, definitiva ou aínda en fase de recurso, así como todas as investigacións penais desta caste de condutas que, malia os case sete anos decorridos dende o outono de 2017
A aprobación dunha amnistía non é un feito inédito nos sistemas democráticos, como ten estudado a Comisión de Venecia do Consello de Europa, mais si é excepcional, porque en democracia só pode alicerzarse en razóns moi potentes de restauración da propia convivencia democrática.
E estas razóns existen no caso dos procedementos penais xulgados ou instruídos das resultas de determinadas condutas de persoas vencelladas ao soberanismo catalán durante o chamado procès. Porque as necesidades de restauración da convivencia, como nos aprende o constitucionalista Joaquín Urías, están vencelladas intimamente coa absolutamente desaquelada e substancialmente iliberal reacción do Fiscal Xeral do Estado oficiante en outubro de 2017 e duns poucos, mais moi influentes, órganos xurisdicionais penais (nomeadamente as salas do penal do Supremo e do Superior de Catalunya, o xulgado central de instrución 6 de García Castellón e máis o xulgado de instrución 1 de Barcelona).
Os Gobernos de Quebec convocaron dous referéndums de autodeterminación (1980 e 1995), mais o goberno federal canadiano non botou mán nunca da acción penal. Por outra banda, nin cando Màs convocou a consulta cidadà de novembro de 2014 nin canda o referéndum de independencia do 1-Ou de 2017 existía o delicto de referéndum ilegal. Arrepía, logo, como unha minoritaria corrente de fiscais e xuices puido ver rebelións ou terrorismos onde só había exercicio da política e do mandato parlamentario.
Moi axiña a lei orgánica de amnistía será Dereito aplicábel. E veremos entón se a sala do penal do Supremo quere levar o caso Puigdemont ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea a medio dunha cuestión prexudicial da que xurdirá unha resposta nidiamente descualificatoria da exposición que remese o Alto Tribunal español.. Porque é verdade que o Dereito europeo non considera amnistiábeis os delictos de terrorismo nin os de corrupción. Mais a proposta aprobada definiu un perímetro de condutas moi traballado polos xuristas consultados pola ERC e por JuntsxCat que exclúe da ampla e-novamente-iliberal definición do terrorismo da reforma do Código Penal de 2015 aprobada polo PP e polo PSOE, precisamente as condutas que o Dereito europeo tamén exclúe. E exclúe do ámbito da corrupción eses delictos españois de malversación impropia nos que non existe lucro persoal ou de terceiros e, xa que logo, tampouco integran o concepto de corrupción do Dereito europeo.
Se a democracia española tivese funcionado a xeito a respecto de Catalunya do 2014 en diante non se precisaría esta tan necesaria amnistía. Porque esta medida excepcional, dun xeito moi disruptivo-como ven de afirmar o xornalista catalán Jordi Barbeta-, amosa a necesidade de amañar os graves danos causados na convivencia da nación catalá por graves e recentes erros do Estado.


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



