A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, fixo hoxe en Madrid unha chamada á Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil) neste sentido
Madrid, 5 de xuño de 2024. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, fixo hoxe unha chamada ás industrias lácteas para que manteñan os prezos do leite que pagan aos gandeiros de cara aos próximos meses, co fin de garantir a sustentabilidade do sector e o equilibrio na súa cadea de valor. Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu en Madrid ao encontro “El sector lácteo español del futuro”, organizado pola Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil) con motivo do 65 Día Internacional do Lácteo.
Aproveitando esta circunstancia, a titular de Medio Rural apelou aos responsables da industria para que teñan en conta a situación dos gandeiros e os incrementos dos seus custos de produción á hora de revisar os prezos dos contratos do leite. Trátase de que eses indicadores lles permitan aos produtores manter a súa actividade percibindo uns ingresos que cubran os custos, cunha marxe de beneficio, como calquera empresa, co fin de garantir a rendibilidade das explotacións.
Ao tempo, cómpre lembrar tamén que o propio director xeral de Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, insistiu esta mesma semana, nunha reunión convocada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (Mapa) en Valladolid, na necesidade de que se respecte e se cumpra a lei da cadea alimentaria para garantir ese equilibrio na cadea de valor do leite.
Garantir a transparencia e o equilibrio
En definitiva, a Xunta solicita á industria láctea que cumpra cos produtores galegos e rexeita, de novo, calquera práctica que poña en cuestión a transparencia e equilibrio no sector lácteo. Ademais, o Goberno galego intensificará o seu esforzo e as súas xestións para que se reduza o diferencial de prezo entre o leite producido en Galicia e noutras comunidades españolas.
A maiores, cómpre engadir que a Xunta vén de reclamar por carta axilidade ao Ministerio de Facenda para a devolución do imposto do valor engadido (IVE) pendente a persoal gandeiro, derivado especificamente da compra de pensos ou enerxía, aspectos que teñen unha importante incidencia na conta de resultados das explotacións.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



