A Deputada Carmela López visitou este luns o Concello mariñán, onde mantivo un encontro co Alcalde e os integrantes da asociación para facerlles entrega do convenio asinado entre a institución provincial e a entidade para impulsar diferentes actividades
Lugo, 1 de xullo de 2024. A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, visitou este luns o Concello de Ourol onde mantivo un encontro co Alcalde, José Luis Pajón, e a presidenta da asociación ACDR Aturuxeiros de Bravos, Mª del Carmen Rivera Vidal para facerlles entrega do convenio a través do que a Deputación de Lugo achega 5.000 euros á entidade mariñá para financiar as súas actividades.
López Moreno enmarcou esta colaboración “no compromiso que temos na Deputación de colaboración cos Concellos, de reforzar o tecido asociativo da provincia e de dinamizar o rural”. Explicou ademais a Deputada que esta achega serviralle aos Aturuxeiros de Bravos para continuar o seu “importantísimo labor” de organización de actividades, xornadas lúdicas, xogos, competicións ou obradoiros “cos que promoven a asistencia e a participación da xente da parroquia, dos veciños e veciñas de Ourol e tamén de todas as persoas que visitan este concello”.
Concretamente, a achega da institución provincial servirá, entre outras cuestións, para desenvolver unha xornada que terá lugar o vindeiro 21 de xullo con xogos tradicionais, unha actuación musical e unha posta en común e recollida de tradicións, oficios e curiosidades da historia da parroquia.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



