Destacou a boa saúde do fútbol sala galego con cinco equipos na máxima categoría feminina e a próxima tempada con outros dous na masculina, ao incorporarse o Burela FS ao Noia Portus Apostoli FS tras o seu ascenso
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2024. O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe na Cidade da Cultura ás xogadoras e corpo técnico e directivo do equipo feminino do Pescados Rubén Fútbol Sala despois de que conseguiran a semana pasada o seu sexto campionato de liga da Primeira FS Iberdrola e tamén aos integrantes do equipo masculino polo seu ascenso a mediados de xuño á Primeira División, ao vencer na eliminatoria ao UMA Antequera. Ao acto tamén asistiron o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Na recepción, Diego Calvo resaltou que, no caso do cadro feminino, coa vitoria no terceiro e definitivo partido dos playoffs co Futsi Atlético Navalcarnero, o equipo burelés iguala o palmarés de campionatos de liga deste club e do Femesala Elche, o que supón un broche de ouro a unha tempada na que tamén acadaron en febreiro a súa sétima Supercopa de España.
De feito, ademais das seis Ligas e as sete Supercopas de España, o cadro feminino do Pescados Rubén Fútbol Sala conta con sete Copas Xunta de Galicia e, a nivel europeo, unha Champions e unha Recopa de Europa. Ademais, foi catalogado en 2021 e 2033 nas entregas do Futsal Planet Awards como o mellor equipo de fútbol sala feminino do mundo e galardoado e en 2022 das Medallas Castelao.
O conselleiro de Deportes agradeceu a todas as persoas que traballan polos éxitos deste equipo e felicitou ao equipo masculino porque a próxima tempada volverá a competir na máxima categoría tras o ascenso de hai unhas semanas.
Na súa intervención puxo en valor o nivel do fútbol sala galego, xa que na máxima categoría feminina -a Primeira FS Iberdrola- haberá cinco equipos galegos -xunto co Pescados Rubén Burela Futsal, estarán o Poio Pescamar, Ourense Ontime, Ence Marín Futsal e FSF Castro- e na Primeira División masculina o Burela súmase ao Noia Portus Apostoli FS.
Por iso, Diego Calvo incidiu en que ambos equipos do Pescados Rubén Burela son os mellores embaixadores e embaixadoras de Galicia e do deporte galego e os mellores referentes e exemplos para os nenos e nenas, tanto os que queren dedicarse ao deporte como para inculcar o hábito de realizar exercicio físico e valores como o compañeirismo e o esforzo.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


