O Museo Etnográfico fonsagradino será este sábado, 3 de agosto, o escenario da inauguración da mostra, que arrancará cun coloquio aberto á cidadanía e centrado na recuperación das lembranzas orais da guerra e da posguerra na comarca da Montaña
Lugo, 29 de xullo de 2024. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, presentou este luns no Pazo de San Marcos, xunto ao Alcalde da Fonsagrada e tamén Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, a mostra Memoria oral na Fonsagrada: as coplas do comandante Moreno. Unha cita que se inaugurará este sábado, 3 de agosto, no Museo Etnográfico fonsagradino cun coloquio aberto á cidadanía e centrado na recuperación das lembranzas orais da guerra e da posguerra na comarca da Montaña.
“Exposicións deste tipo enriquecen e dignifican a nosa historia e a nosa sociedade”, subliñou Pablo Rivera, para quen “nunca está de máis recordar o que sucedeu para evitar que a historia se repita”. Destacou tamén o Deputado a importancia da tradición oral na cultura galega e na cultura da provincia de Lugo e agradeceu ao Alcalde ter pensado na Deputación para axudar coa difusión desta cita. “A historia hai que contala con obxectividade, pero é moi importante que os nosos fillos e os nosos netos saiban o que pasou”, apuntou.
Esta exposición, que poderá desfrutarse desde este sábado e ata o 31 de outubro no Museo Etnográfico da Fonsagrada, recolle o traballo de investigación coordinado pola doutora de Filosofía da Universidade de Oviedo, Noelia Bueno. Un labor que consistiu en xuntar, clasificar e ordenar as testemuñas da veciñanza, transmitidas mediante composicións orais ao longo dos anos, para reconstruír o asasinato dunha tropa de soldados antifranquistas, o Batallón Galicia.
Explicou Bueno durante a presentación que tivo lugar esta mañá que da primeira versión dos versos dedicados á morte do comandante Moreno -que atribúen ao militante de Izquierda Republicana Daniel Álvarez Ferreiro- a xente foi introducindo variacións propias da cultura oral. “Foi unha estratexia cultural para sortear a censura da época”, sinalou esta fonsagradina que iniciou o seu traballo de investigación no ano 2014 e que non dubida en sinalar que o suceso, coñecido como os crimes do Acebo, supuxo un “trauma colectivo” para a comarca.
A inauguración da exposición terá lugar o sábado 3, ás 10.00 horas, cun coloquio que durará ata o mediodía e no que participarán historiadores e expertos, pero que tamén dará voz aos veciños e veciñas da Fonsagrada e das zonas limítrofes para debater sobre o pasado, presente e futuro da memoria oral na fronteira asturgalaica.
Na presentación que tivo lugar en San Marcos participaron tamén o concelleiro fonsagradino Ricardo Parada, e o profesor de xeografía da Universidade de Oviedo Salvador Beato Bergua. A exposición, que organiza a Universidade de Oviedo en colaboración co Concello da Fonsagrada, conta cunha subvención do Ministerio de Memoria Democrática.


















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



