Un compañeiro avisou a través do 112 Galicia cando pasaban das nove desta mañá. Segundo explicou o alertador, a vítima foi golpeada por unha árbore que se lle veu enriba. Tamén aclarou que estaban a realizar traballos de corta nunha zona de monte situada na parroquia de Camoira, concretamente no lugar de Maira, en Lugo. Un accidente no eido laboral do que tamén recolleron información as forzas da orde a partir do momento no que recibiron a alerta do 112. De feito, acudiron patrullas da Policía Nacional e Local. Tamén os Bombeiros de Lugo, aínda que o falecido estaba liberado e accesible.
Un operario falece en Lugo tras caerlle enriba unha árbore
-
Seguinte
Traballadoras, traballadores municipais, concelleiras, concelleiros da Corporación Municipal e o alcalde concentráronse este martes ás portas do Concello de Ribadeo, onde gardaron un minuto de silencio en repulsa pola violencia machista e en lembranza da veciña asasinada na Coruña hai uns días






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



