Ribadeo, 8 de agosto de 2024. Nas últimas horas foi inaugurado o Salón dos Alcaldes no Pazo Ibáñéz, onde locen os retratos dos rexedores da democracia realizados por Concepción Millán. Xunto a eles atópase tamén un do alcalde honorario, Leopoldo Calvo-Sotelo, que foi cedido pola súa viúva, Pilar Ibáñez-Martín.
No acto desenvolvido no Concello ribadense interviñeron Antonio Martínez, alcalde de Ribadeo entre os anos 1981 e 1983; o Marqués da Ría de Ribadeo, Leopoldo Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín; e o actual rexedor, Dani Vega.
Martínez tivo palabras de lembranza para os compañeiros rexedores xa falecidos e lembrou a súa relación con Leopoldo Calvo-Sotelo, naquel momento presidente do Goberno de España. O Marqués da Ría de Ribadeo subliñou o amor e a paixón que o seu pai sentía por Ribadeo e pola súa ría, da que sempre estaba pendente cando se atopaba en Madrid.
O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, destacou que “no día de onte inaugurouse o Salón dos Alcaldes aquí no Concello. En primeiro lugar, hai que agradecerlle a Concepción Millán que entregara gratuitamente un retrato, un cadro, de cada alcalde. Nosoutros queríamos que eses cadros que xa fixeran a pasada lexislatura tiveran un sitio digno, un sitio onde todos os poidamos visitar e contemplar. Non é simplemente un salón onde se colga un cadro, senón que é un salón dedicado ao servizo público, á entrega, ao traballo e en consecuencia recoñecer todo ese traballo de tantos alcaldes que tivo Ribadeo”.
O rexedor contou que “tamén incorporamos ao alcalde honorario a ese salón, a Leopoldo Calvo-Sotelo. Non foi un alcalde electo, foi un alcalde si por traballo, si por xestión, e por inversión no pobo de Ribadeo. Polo tanto, un agradecemento tamén á figura do presidente Calvo-Sotelo. Recoñecemento, evidentemente, a unha entrega, a unha dedicación de todos os alcaldes”.
Vega explicou que o Salón dos Alcaldes será “un espazo multifuncional, onde hai presentación de libros, conferencias, xornadas, distintas actividades que queremos ir facendo pouco a pouco. Un Concello, é unha administración pública, un lugar, un espazo público, pero témonos que converter nun espazo visitable como está ocorrendo nas vilas europeas, que cada institución, poño como exemplo o Concello, son visitables para moitas persoas nas visitas guiadas, nesas visitas que temos en Ribadeo e tamén para os centros educativos. Pouquiño a pouco vamos tamén investindo e arranxando a Casa do Concello, que é a casa de todos”.
Familiares e amigos dos rexedores da democracia asistiron ao acto de inauguración deste Salón dos Alcaldes. Algúns deles como José Carlos Rodríguez Andina, Balbino Pérez Vacas ou Xaime Vidaurrázaga Urbieta estiveron presentes. A encargada de conducir a inauguración foi a concelleira de Atención Cidadá, Montse Seijo.










A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



