Nota de Prensa
Barreiro repróchalle a Besteiro que critique o orzamento da Xunta para a Mariña, que sube un 5,4% con repecto a 2010, e non diga nada de que Fomento non contemple ningunha actuación no Corredor da Costa
Lugo, a 23 de outubro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular repróchalle ó presidente da Deputación de Lugo José Ramón Gómez Besteiro que critique o investimento previsto pola Xunta na comarca da Mariña cando medra, con respecto a este ano, un 5,4 por cento.
O voceiro do GPPP José Manuel Barreiro considera que o “arrebato” de Besteiro está motivado pola imposibilidade de xustificar os orzamentos do Estado nesta comarca e no resto da provincia, dado que sofren unha caída de preto do 50 por cento. Salienta neste contexto que non aparece sequera unha consignación digna de mención, por exemplo, para o corredor Barreiros-San Ciprián, mentres que a Xunta adica o tramo da súa competencia 10 millóns de euros. “Besteiro amosa ter pouca vergoña e moita cara dura ó atreverse a falar desta obra cando o Goberno do Estado aínda non moveu unha pedra no tramo da súa competencia”, engadiu.
Para o GPPP se os investimentos do Estado na Mariña son mínimos, tamén é inapreciable a actuación da Deputación. Indican a este respecto que a administración provincial pouco ou nada se fixo notar nesta comarca durante os tres anos e medio de goberno posto que, por poñer só algúns exemplos, os accesos ó polígono industrial de Ourol están como cando tomaron as rendas na administración provincial; non houbo ningunha acción encamiñada a apoiar os sectores productivos básicos desta comarca como a pesca ou o forestal e a rede viaria da súa competencia atópase completamente abandoada.
Os populares instan a Besteiro a facer notar a forza da que presume ante o executivo central e particularmente co ministro de Fomento José Blanco e o inste a correxir a discriminación coa que está a tratar á provincia de Lugo.























Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



