Advirte que a macrocelulosa contaminaría o territorio e destruiría miles de empregos, como revela o Consello da Cultura no seu demoledor informe
Santiago de Compostela, 20 setembro 2024. A portavoz nacional, Ana Pontón, reclamoulle dende Arzúa ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e ao seu Executivo que “deixen de facer de comerciais de Altri, sexan “leais co País” e “defendan os intereses das galegas e dos galegos”.
Pontón instou a Rueda a parar a “bomba ambiental” da macrocelulosa e a que os 250 millóns de euros de fondos europeos “que queren darlle a unha multinacional portuguesa para que faga aquí o que non lle deixan en Portugal”, recalcou, sexan destinados a reactivar o rural, a recuperar o río Ulla ou a sanear a Ría de Arousa, tamén ameazada polo proxecto.
A líder nacionalista advertiu do perigo que supón Altri dende Arzúa, onde visitou xunto ao alcalde da localidade, Xoán Xesús Carril, Queixos Verbas, unha explotación gandeira en ecolóxico que produce queixos de máxima calidade apostando pola innovación e que puxo como exemplo dos proxectos nos que habería que investir eses fondos europeos.
“Un proxecto desenvolvido dende a comarca de Arzúa-Ulloa, unha das comarcas máis produtivas de Galiza, con miles de explotacións gandeiras e cunha das Denominacións de Orixe máis produtivas de todo o Estado”, subliñou para poñer en valor a riqueza dunha comarca onde o sector agrogandeiro e leiteiro non só é clave para fixar poboación, xerar riqueza e miles de empregos, senón que tamén contribúe a manter un medio rural vivo e a ter un territorio produtivo en lugar de estar abandonado.
Por iso, advertiu da ameaza que supón “a aposta do Partido Popular de instalar unha macrocelulosa no corazón do rural galego”, contaminando o medio ambiente, o río Ulla e poñendo en risco miles de empregos non só na comarca da Ulloa, senón tamén na desembocadura do río na Ría de Arousa.
“Fronte a esa presa de postos de traballo que promete a multinacional, o que sabemos é que a suma do sector agrario nesta comarca e o que representa o sector da Ría de Arousa ascende a 8.000 empregos”, afondou Pontón, quen recalcou que isto é o que “Altri está poñendo en perigo co patrocinio do Partido Popular”.
Neste sentido, recordou o “contundente” informe do Consello da Cultura Galega denunciando que a macrocelulosa suporía unha fractura do territorio, prexudicaría a moitas actividades económicas que xa existen, fundamentalmente ás vinculadas coa actividade agrogandeira.
De igual xeito, lembrou que a comarca conta nestes momentos cunhas 3.000 explotacións agrogandeiras cunha superficie agraria moi cativa (sobre as 61.000 hectáreas), polo que Altri dificultaría aínda máis que acadaran máis superficie agraria útil.
“Toda esta actividade agraria e esta Denominación de Orixe que é un valor para o futuro desenvolvemento do País non podemos poñela en risco única e exclusivamente porque vemos como o PP está traballando para as multinacionais, en vez de estar defendendo os intereses dos galegos e das galegas”, recriminou.
A portavoz nacional tamén alertou de que, ademais de quitarlle á xente do rural o seu medio de vida, a macrocelulosa suporía “eucaliptizar máis Galiza”, poñendo en risco aínda máis o territorio e ignorando a crise climática.
Por todo isto, insistiu en reclamarlle ao Goberno do PP que deixe de patrocinar un proxecto prexudicial para o País e traballe para que os fondos europeos que pretende darlle á multinacional portuguesa sirvan para dinamizar o rural e impulsar o desenvolvemento do País.
“Porque eses 250 millóns de euros, ben investidos, van xerar miles de postos de traballo”, indicou para concluír a continuación que o que non se pode permitir é que “toda a riqueza e actividade que hai neste momento nesta comarca se poña en risco polos intereses dunha multinacional”.






















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



