Expertos das tres Universidades galegas e da prestixiosa Fundación Juana de Vega están para lle entregar Á Xunta de Galicia un estudo que lles encargou a respecto da planta local e da eventual viabilidade da fusión de concellos.
Malia que non se coñeza na súa integridade o texto deste informe si sabemos dúas cousas relevantes que diverxen substancialmente da atención da Xunta e do PPdeG só a respecto das fusións de concellos. Por unha banda seica limita substancialmente o ámbito do posíbel a respecto destas fusións a unha casuística que non acada nin a trinta concellos do País, mentres desbotan radicalmente a fusión de concellos limítrofes que poidan xerar concellos resultantes moi extensos e, malia sumar este, este e aquel, aínda moi pouco poboados, como podería ser, só a xeito de exemplos, a fusión dos concellos da montaña dos Ancares (As Nogais, Becerreá, Pedrafita do Cebreiro…) e os do sur da extrema leste deste país (Carballeda de Valdeorras, O Bolo, A Veiga. Manzaneda e Viana do Bolo). Pola outra centran o problema local da Galicia na necesidade de garantir a prestación dos servizos públicos e o deseño dos medios materiais e persoais da Administración local a medio de fórmulas comunitarias ou consorciadas e dende unha perspectiva comarcal ou de área urbana do territorio.
Velaí, pois, o cerne da cuestión. O mapa local, o mapa territorial de Galicia precisan dun ámbito comarcal para a planificación e prestación dos servizos. E precisan dunha prestación en común destes servizos e máis dunha posta en común dos medios materiais e humanos de cada Administración tanto dos concellos atinxidos en cadanseu ámbito territorial como o da Deputación correspondente. Porque un elemento ausente desta análise é a dis funcionalidade da división provincial. Fronte á barbaridade da constitucionalización das provincias, a planta local deste País precisa das Deputacións unha dupla reforma: transferir as funcións delegadas polos concellos para a recadación dos tributos locais á Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) e “comarcalizar” a súa estrutura e funcionamento. Estas dúas reformas e a comarcalización da Administración periférica autonómica, adoptando as comarcas e áreas urbanas como única división territorial para o cumprimento das súas fins, permitirían un desenvolvemento das vilas-cabeceiras de bisbarra e un mapa axeitado para a prestación dos servizos, mentres agardaríamos a que as catro provincias, baleiradas de sentido real, desapareceran de feito, como xa desapareceron, substituídas polas illas, as dúas provincias canarias.
Mais tamén omite a Xunta deste debate a cuestión do financiamento local, principiando pola necesaria reforma da Lei de Facendas Locais de 2004 que financia directamente aos concellos de todo o territorio do Estado en función da súa poboación, de feito que mellora o financiamento por habitante dos concellos máis poboados. Deste xeito Galicia, cun 5,2% da poboación do Estado, recibe pouco máis dun 3,3% do financiamento local estatal . E logo falan de solidariedade! É evidente que Galicia precisaría para o seu financiamento local que o Estado lle transferira á Xunta unha cantidade global baseada na súa poboación axustada (5,2% estatal máis os incrementos que bilateralmente cumpriría pactar segundo o avellentamento e espallamento da nosa poboación), para integrar, cos propios recursos que poría a Xunta, un Fondo de Financiamento local regulado por lei que garantise a suficiencia dos servizos públicos locais nese mapa de prestación e xestión consorciada e comarcalizada.
Non poñan, pois, o foco na fusión de concellos, senón na prestación acaída dos servizos. E teñan en conta que a representación político-electoral ao longo de todo o territorio contribúe á lexitimidade democrática e a participación da veciñanza.




















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



