Os populares analizaron a situación do Concello nunha reunión na que concluíron que “o mellor para Viveiro nestes momentos sería contar cun goberno liderado polo Partido Popular”
Viveiro, 28 de setembro de 2024. O PP de Viveiro mantivo este venres unha reunión con afiliados e simpatizantes na que analizaron a situación do Concello e respaldaron a liña de traballo da portavoz, Mariña Gueimunde, e tódolos concelleiros do Grupo Municipal Popular coincidindo en que “neste momento, o mellor para Viveiro sería contar cun goberno liderado polo PP, a forza máis votada nas eleccións municipais”.
“É o momento de tomar decisións” e, “pensando sempre no mellor para Viveiro”, recentemente teñen instado publicamente ao grupo de XViveiro a apoiar unha moción de censura liderada polo Partido Popular, o grupo maioritario na corporación municipal con 7 dos 17 concelleiros.
A presidenta e portavoz, Mariña Gueimunde, deu conta do traballo realizado neste ano e medio e explicou aos asistentes que “o obxectivo da proposta de presentar unha moción de censura é reverter a situación de parálise do actual goberno municipal bicéfalo -a alcaldesa e a tenente de alcaldesa contradinse-, a deriva económica pola súa falta de xestión -máis de 1M€ en facturas sen consignación presupostaria pendentes do 2023-, a perda de servizos -coma a Policía Local e grúa municipal e os problemas co abastecemento de auga nas parroquias- e a falta de mantemento do patrimonio e das tradicións”.
Ante esta situación e “debido a que ninguén move ficha, temos o dereito e a responsabilidade de buscar unha reacción entre as partes implicadas” -engadiu- “para reconducir a situación e que o Concello non perda o que queda de mandato” porque “afectaría á totalidade dos veciños e veciñas”. Nese sentido, os populares conclúen que “Viveiro necesita o cambio que pediron os viveirenses nas urnas”.
ACORDO PROGRAMÁTICO PSOE-XVIVEIRO SEN CUMPRIR
Gueimunde subliñou que “se XViveiro non reacciona é porque segue apoiando ao goberno bipartito” a pesar de que “do acordo programático entre o PSOE e a formación independente para investir alcaldesa á señora Loureiro para o que o propio XViveiro lles daban un prazo para iniciar ou executar as medidas inferior a 2 anos, non están a cumprir nin un só punto”:
1. Subvención anual do 50% do custe do Conservatorio de Música por parte da Deputación Provincial de Lugo.
2. Aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
3. Aceptación inmediata da cesión do muelle vello e da explanada da parcela completa do casino.
4. Semipeatonalización da Travesía da Mariña, mellora dos xardíns Noriega Varela e arranxo completo do muelle vello creando unha zona de aparcamento, esparexemento e ocio.
5. Reparación da explanada do Casino, reforma das pistas deportivas para uso público.
6. Construción das pistas de atletismo en Celeiro ou Cembedo.
7. Inversión de 300.000€ anuais durante os 4 anos para mellora de saneamento, abastecemento e pistas nas parroquias, mediante a elaboración dun plan de actuacións por parroquia.
8. Reparación das beirarrúas de Xunqueira no primeiro semestre de 2024.
9. Parque infantil cuberto en Lodeiro durante o ano 2024.
10. Creación dunha comunidade enerxética, para xerar novos ingresos municipais a través da aposta pola enerxía solar fotovoltaica.
11. Creación de parques para cans nos tres núcleos urbanos do Concello e habilitar zonas de praia durante o verán.
12. Convocatoria anual do Foro Económico de Viveiro, que mellore a relación entre as empresas locais e sirva de impulso para a mellora empresarial de Viveiro.
13.Realizar un plan de captación de empresas, creación dun coworking municipal, unha lanzadeira de empresas.
14. Renovación completa do pavillón municipal de deportes.
15. Creación da Casa da Cultura no antigo centro comarcal de Lodeiro.





















A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.



