Gueimunde sinala que “o Concello debe velar pola seguridade dos veciños e veciñas” e lembra que “non é a primeira vez que se producen inundacións”
Viveiro, 15 de outubro de 2024. Os concelleiros do PP de Viveiro instan ao goberno bipartito a desenvolver con urxencia as actuacións de mantemento e conservación fluvial coas que manter limpas as canles do rego da Trasposta, rego de Cova e río dos Foles nos seus tramos urbanos”.
Así lle corresponde aos Concellos segundo indica a instrución 1/2019, do 7 de xaneiro, para o establecemento de directrices técnicas de conservación fluvial de carácter ordinario de Augas de Galicia que indica que “con carácter xeral, as actuacións ordinarias de conservación e mantemento fluvial deberán ser executadas polas entidades locais”.
Os populares advirten que “xa comezou o tempo propio do inverno e o Concello aínda non desenvolveu eses traballos de limpeza que debería ter xa debidamente realizados antes de que se produzan episodios de importantes chuvias que, ao non dispoñer de canles limpos, poidan desbordarse e provocar inundacións”.
A portavoz, Mariña Gueimunde, sinala que “o Concello debe velar pola seguridade dos veciños e veciñas” e lembra que, “lamentablemente, non é a primeira vez que se producen inundacións en Viveiro”.
INSTRUCIÓN 1/2019
A instrución 1/2019, do 7 de xaneiro, para o establecemento de directrices técnicas de conservación fluvial de carácter ordinario recolle criterios e pautas do procedemento e actuacións dirixidas ao mantemento das condicións naturais dos ríos e á recuperación da súa funcionalidade respectando o principio básico de preservación do valor ambiental.
Para identificar a labor dos Concellos competentes, Augas de Galicia identifica os tramos a partir de cartografías oficiais que se poden consultar no visor Nodo Ide Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa (https://mapas.xunta.gal/visores/dhgc/).























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



