Ribadeo, 26 de outubro de 2024. Para conmemorar o día das bibliotecas a Concellería de Cultura fai entrega de lotes de libros aos centros de ensino ribadenses. Neses lotes inclúense aqueles libros que foron presentados en Ribadeo durante este ano, de autoría ou temática local, coa intención de achegarlle ao alumnado de todos os niveis educativos parte da riqueza literaria e cultural ribadense.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, afirmou que “durante este ano publicáronse numerosos libros que destacan a importancia de figuras ribadenses de todos os ámbitos: tanto da música, como é o caso da publicación de Carlos Álvarez Lebredo, Historias con pentagramas, que se distribuíu gratuitamente na Biblioteca a todas as persoas interesadas, ou o libro Ecos de Saudade; como da ciencia, co libro Manuela Barreiro Pico. Ribadense destacada, escrito por María Isabel Fernández García e publicado pola Deputación Provincial de Lugo, que pon en valor a figura de Manuela Barreiro, primeira universitaria e primeira licenciada en Farmacia nunha universidade galega”.
Neste lote inclúese o libro bilingüe que conmemorou o centenario da morte do Viejo Pancho no que colaboraron o Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia e o goberno de Uruguai, país que acolleu ao poeta ribadense. Os destinatarios son os Colexio de Educación Primaria Gregorio Sanz, o Sagrado Corazón, o IES Dionisio Gamallo, o CIFP Porta da Auga, a Escola de Idiomas, a Escola Municipal de Música e Danza e CFEA Pedro Murias. A escola infantil tamén recibirá algún libro, pero doutras temáticas.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



