O Concello organiza xornadas en diversos centros educativos da vila e unha xornada informativa para dar visibilidade á violencia de xénero sufrida polas mulleres
Vilalba, 13 de novembro de 2024. A alcaldesa de Vilalba e concelleira de Igualdade, Marta Rouco, presentou hoxe o programa de actividades que levará a cabo o Concello de Vilalba para conmemorar o 25 de novembro, día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
As actividades desenvolveranse a partir do 19 de novembro, cando darán comezo os obradoiros “A beleza está na túa cabeza”. Un ciclo de xornadas didácticas para reflexionar sobre a violencia estética que levará a cabo a axente de igualdade do Concello de Vilalba nos centros de educación primaria e secundaria vilalbeses.
“Trátase de obradoiros nos que se mesturará o contido informativo cunha aplicación práctica e creativa a través de collage e fanzine”, explicou a rexedora vilalbesa, Marta Rouco, que adiantou que “o propio 25 de novembro desenvolveremos unha acción de rúa cuxo obxectivo será dar visibilidade a violencia de xénero sufrida polas mulleres”.
Nesa liña, a Concellería de Igualdade levará a cabo unha acción de rúa no palco da Praza da Constitución de 10 a 13 horas o luns 25 de novembro. Así, a praza converterase nun espazo no que as mulleres poderán participar pendurando nun tendal simbólico aquelas situación de violencia que viviran polo feito de ser muller.
“Ademais de participar de forma activa, as mulleres tamén poderán verse reflectidas entre as violencias que outras participantes deixaran penduradas”, sinalou Marta Rouco, quen animou a todas as mulleres a participar para crear un espazo de reflexión e visibilidade da violencia contra a muller.
Pola súa banda, tamén o luns 25 de novembro, o alumnado do IES Lois Peña Novo participará nunha charla informativa enfocada á violencia sexual, unha actividade concedida pola Consellería de Política Social e Igualdade a través da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero.
“Tampouco nos esqueceremos da visibilidade nas redes sociais, para o que xa estamos traballando na gravación dun vídeo no que se reproducen prexuízos sociais que escoitamos cada vez que un caso de violencia sexual salta á palestra”, salientou Rouco.
Un vídeo protagonizado por caras visibles da vila baixo o lema “Muda o foco” no que se convida aos vilalbeses e vilalbesas a cuestionar os actos daqueles que perpetran a violencia contra as mulleres e non o relato das vítimas. A gravación poderá verse nas redes sociais do Concello de Vilalba o mesmo 25 de novembro.
Finalmente, o programa de actividades rematará o martes 26 de novembro co conta contos “Medrar libres e iguais” que se ofrecerá ao alumnado da Escola Infantil Municipal co obxectivo de “ofrecer unha programación ampla que chegue a todas as xeracións”, sinalou a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



