Foz, 14 de novembro de 2024. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, xunto a presidenta da asociación Bumei, Jasone Lorenzo, e a concelleira de Inclusión e Inmigración, Ana Rojo, veñen de facer entrega dos certificados das accións formativas ás mulleres participantes nos cursos impartidos no marco dos programas Emprega: formación o teu traballo e a igualdade a túa liberdade e Inserta: formación e emprego, subvencionados pola Consellería de Política Social e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, para persoas en situación de vulnerabilidade, risco de exclusión e con maiores dificultades de inserción laboral.
A concelleira explica que “os programas son impartidos nas aulas da asociación Bumei en Foz, coa colaboración do noso Concello, onde se fan as derivacións, informes e certificados da situación das persoas participantes por parte da educadora familiar e do traballador social. Estes cursos de formación abarcan dende a atención sociosanitaria de persoas dependentes no fogar, a camareira de piso ou á preparación para as probas oficiais de galego Celga 3, etcétera. Todos eles están destinados a favorecer a reinserción laboral de persoas en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social, facilitándolles o acceso a un emprego ou a superar as dificultades para promocionarse na procura ou desempeño doutro novo emprego. Todos estes programas están dirixidos a mellorar a inserción laboral das persoas participantes, fomentan a capacidade de emprendemento e unha mellor capacitación profesional, con coñecementos específicos para acceder ao mercado laboral con máis preparación incluso nas novas tecnoloxías”.
“O noso compromiso é seguir colaborando coa asociación Bumei para dar máis e mellores servizos, que redundan nos veciños e veciñas e nos colectivos máis vulnerables facilitándolles a oportunidade dunha preparación específica para un mellor acceso o mercado laboral”, remata Ana Rojo.























Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



