O proxecto céntrase no aforro e a eficiencia enerxética a través de actuacións na cuberta, a fachada e a instalación dunha bomba de calor por aerotermia
Vilalba, 16 de novembro de 2024. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, anunciaron na mañá de hoxe o importante avance das obras de reparación que se están levando a cabo nos vestiarios do pavillón do CEIP Insua Bermúdez para favorecer o aforro e a eficiencia enerxética das instalacións.
As actuacións deron comezo pola cuberta, onde se colocou unha nova chapa sándwich. Ademais, as obras no exterior da instalación complementaranse coa colocación de carpintería metálica de PVC e a limpeza e reparación da fachada mediante o selado de gretas, a reparación de desconchóns e o pintado exterior e interior con pintura impermeabilizante.
“Grazas ás actuacións na zona exterior favorecerase a eficiencia enerxética do edificio porque se selará por completo a infraestrutura, de tal xeito que non se produzan goteiras ou escapes de calor”, explicou a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco sobre unhas obras que contan cun orzamento de 54.543,56 euros con cargo ao Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia.
Pola súa banda, o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, salientou durante a visita “o importante cambio nos termos de auga, que tiñan unha capacidade de 200 litros e os novos, que xa están instalados, teñen un volumen de 1.000 litros”.
Nesa liña, as obras tamén se centraron na substitución dos 2 termos de auga quente actuais por unha bomba de calor que emprega a aerotermia tanto para a calefacción como para a dotación de auga quente sanitaria. “O que, ademais de outorgar maior confort aos usuarios dos vestiarios, repercutirá nun importante aforro enerxético e medioambiental para o noso Concello, pero tamén nun destacable aforro económico para as arcas municipais”, salientou a rexedora, Marta Rouco.
Así mesmo, no interior dos vestiarios tamén foron substituídas as luminarias antigas por novas luces led que reforzarán a eficiencia enerxética das instalación e dotarán dunha maior e mellor visibilidade aos usuarios e usuarias.
CELERIDADE DAS ACTUACIÓNS
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, quixo salientar tamén “a celeridade coa que se sacou adiante este proxecto”, pois logo de ser adxudicado a finais do mes de outubro a empresa adxudicataria comezou de inmediato as actuacións.
“A previsión é ter completamente rematadas as obras para este mesmo mes, o que permitirá empregar as novas instalación xa durante o presente trimestre do curso escolar”, explicou a rexedora.




















Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.



