Partido dedicado á campaña “NON á violencia de xénero” de Xunta
Burela, 16 de novembro, 2024. Ás 11.00h desta mañá celebrouse a 10ª xornada da liga de Primeira División Iberdrola FS na que se disputou un dos partidazos da categoría, Pescados Rubén Burela FS – Melilla Ciudad do Deporte Torreblanca en Vista Alegre, cun resultado final 6-2. Neste partido tan especial nosas Pícaras puideron xogar de estrea coa nova segunda equipamento do Pescados Rubén Burela FS, presentada na noite de onte, como detalle distintivo por tratarse dun partido dedicado á campaña da Consellería de Igualdade de Xunta de Galicia, “NON á violencia de xénero” en referencia ao día conmemorativo para esta loita, o 25N. Realizouse un acto previo ao partido no que ambos os equipos, árbitros e representantes institucionais e do club, Manuel Otero Méndez, Xefe do Servizo Provincial de Deportes de Xunta de Galicia; Pablo Prieto, Presidente do Comité Galego de Fútbol sala e Responsable do Fútbol sala Feminino da RFEF e Manuel Blanco, presidente do Pescados Rubén Burela FS; posaron para unha fotografía cunha lona co logo da campaña e a afección ao fondo. Antes deste acto e previa saída das xogadoras a pista, celebrouse tamén a presentación do Campionato de España de Seleccións Sub16 e Sub19 que se disputará entre o 20 e o 24 de novembro no pavillón municipal Vista Alegre de Burela e no pavillón municipal de Viveiro. Participaron na presentación a alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno; o Presidente do Comité Galego de Fútbol sala, Pablo Prieto; o Xefe do Servizo Provincial de Deportes, Manuel Otero Méndez e o presidente do club de fútbol sala, Manuel Blanco, que tomaron unha foto co cartel e a imaxe da competición.
Na primeira parte comeza puntuando cedo o conxunto local, grazas a un penalti que lanza Emilly por unha entrada de Bía a Cami na área rival no minuto 4. Desenvólvese a primeira parte con xogo moi parello, moita intensidade e alta competición. Grandísimo papel de Caridad que realiza numerosas paradas a un Torreblanca que, a pesar do resultado, non deixou de mostrar nunca a súa mellor versión, especialmente na primeira parte na que puxo en apertos ás mariñás en numerosas ocasións. No minuto 15 Noelia Montoro fusila case dende o punto de dobre penalti pero Bía detén o disparo. No 16 paradón de Caridad que saca a córner un disparo de Bía nunha contra. Chega o 2-0 pouco antes do descanso, Carolina Pedreira aproveita un rexeite tras unha moi boa xogada individual de Antía Pérez pola banda que finaliza primeiro Patricia sen conseguir anotar.
Na segunda parte o Burela imponse con máis claridade, arrinca marcando distancias no minuto 21 cun golazo de Emilly que a coa xunto ao pau nun lanzamento raso tras un saque de esquina e segundos despois Cami anota o 4-0 rematando un pase de Patricia nunha contra. Chega o primeiro do Melilla no 25 que ataca con Juliana de porteira-xogadora desde o 24, a xogadora brasileira que viste a elástica azul desvía o balón tras un tiro afastado. Pero unha desatada Emilly anota, unha xornada máis, o hat-trick tras un pase de Cami que rouba o balón en presión alta e continúa o baile da brasileira co 6-1 tres minutos despois tras unha recuperación de Noelia Montoro que lla cede para finalizar a porta baleira en plena presión de 5 das rivais. A segundos do final do partido, Nega consegue rascar o segundo golepando ao bordo da área tras unha xogada de 5 para 4.
Remata un partidazo que todo España puido desfrutar a través da canle pública de deportes, Teledeporte, nunha xornada moi especial en Vista Alegre que acaba colocando ás burelenses na primeira posición da táboa clasificatoria, adiantando ao mesmo Torreblanca, á espera de coñecer o resultado entre o Poio Pescamar e o Futsi ás 18.30h desta tarde.
A semana que vén o conxunto de Julio Delgado enfrontarase ao ENCE Marín Futsal en terras pontevedresas ás 17.00h.
Ligazón Fotografías (Fotógrafa: Sabela Blanco, Pescados Rubén Burela FS): https://we.tl/t-VoWJwbz56R
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS 6-2 Melilla Ciudad del Deporte Torreblanca
Pescados Rubén Burela FS (6): Caridad; Cami, C. Pedreira, Patricia, Emilly- cinco inicial-, Antía Pérez, Dany (C), Noelia Montoro, Dinha, Débora, Cilene. Entrenador: Julio Delgado.
Melilla Ciudad del Deporte Torreblanca (2): Bía; Ana Luiza, Amandinha (C), Jane, Bía Souza -cinco inicial-, Jhennif, Lydia, Nerea, Silvina, Nega, Juliana. Entrenador: Morenín.
Goles: 1-0, min.4: Emilly. 2-0, min.28: Carolina Pedreira. 3-0, min.21: Emilly. 4-0, min.21: Cami. 4-1, min.25: Juliana. 5-1, min.28: Emilly. 6-1, min.31: Emilly. 6-2, min.40: Nega.
Árbitros: Gael García Schmid, Jonathan Manjón Rodero, Pablo Coello Martínez, Andrea de Luis Iglesia.
TA: Cami, Bía, Jhennif, Nega, Amandinha.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


