Ribadeo, 20 de novembro de 2024. Ribadeo conta cunha nova ordenanza forestal para coidar as pistas e os camiños públicos. Así foi aprobado no pleno celebrado onte á noite no Concello.
O alcalde, Dani Vega, contou que “na pasada noite celebramos un pleno onde abordamos varias cuestiones. A primeira delas foi a modificación da ordenanza reguladora do uso e aproveitamento especial de pistas, de vieiros e tamén de espazos públicos. Trátase dunha ordenanza que queremos actualizala, modernizala e aplicala, dado que a que había ata agora viña da Mancomunidade de Municipios da Mariña. Era unha ordenanza moi pouco aplicable, difícil más ben de aplicar e tamén bastante irreal. Por iso nosoutros desde un punto de vista técnico xurídico e tamén desde un punto de vista de técnico de conservación de infraestruturas, de camiños públicos, os técnicos de Medio Rural, aconsellaban que esta ordenanza tiñamos que modernizala e actualizala”.
O rexedor sinalou: “unha ordenanza que ten a clara vocación de coidar o público, unha ordenanza que o que quere é convivir co sector e traballar co sector forestal, sabemos perfectamente que o forestal é un sector dentro da estratexia económico local que debemos coidar e debemos traballar conxuntamente. Pero iso non quere dicir que se poida facer todo o que se queira, non coidar un camiño público, é igual destrozalo que non, non comunicar onde se está cortando, pasar por calquera pista na saca de madeira. Eu creo que iso non se pode facer e debemos ter as cousas reguladas para que todo o mundo conviva”.
Vega considera que “demos un salto importante fai uns meses, a través de Lugo Madera, Notifor, todos os maderistas poden informar, deben informar a través desa aplicación e sabemos perfectamente onde se está talando, onde se está sacando a madeira e por que camiños se saca. Se un maderista non informa en tempo e forma será sancionado cunha multa de 100 euros. Se o maderista saca a madeira e non coida os camiños, terá tres posibles sancións, o que se chama multas coercitivas, de 1.000 a 3.000 euros. Se o maderista non resolve e o camiño está danado, pasa o tempo que se lle dá estritamente legal e non se arranxa, pois entrará o Concello a través da execución subsidiaria a arranxalo e cobrará por adiantado. Se isto o Concello teno que facer, xa entra a multa, a sanción, por non cumprir a ordenanza e poderá ter unha sanción que vai de entre 10.000 a 50.000 euros”.
O alcalde subliñou que “esta ordenanza que o que quere e o que pretende é coidar os camiños públicos. Xa moitos Concellos nos están pedindo esta ordenanza, como tamén moitos deles nos pediron cando tomamos decisións sobre o sector, porque había que coidar os camiños, pois creo que Ribadeo entre todos, volvemos ser un exemplo de tomarnos en serio as cousas, de coidar un sector económico importante para a vila, pero tamén entendendo que os camiños públicos deben ser coidados”.
Na sesión plenaria tamén foron abordados outros asuntos: “no pleno tamén aprobamos as axudas económicas do programa Concilia e evidentemente respondemos a cada pregunta de toda a oposición e atendemos aos rogos. E tamén, por último levamos outro punto. Había un erro no Plan Xeral de Ribadeo, un erro que tivemos que corrixir, tivemos que ter varias reunións na Xunta, en Urbanismo, que é sobre o espazo da área recreativa de Ove, que no PXOM viña como espazo público, sendo de titularidade da Comunidade de Montes. Corriximos iso e daremos pasos para legalizar certas infraestruturas que estaban fora da lei e que entendemos que deben estar legais e cubrir esa resposta que demanda a Comunidade de Montes de Ove”.
Vega engadiu: “seguimos traballando, seguimos modernizando o Ribadeo, con ordenanzas, facendo as cousas con moito sentido, con moito criterio técnico e creo que tamén demos un salto importante, que é a ordenanza forestal que da unha resposta a unha problemática que vamos ter durante un tempo mentres que non se activen todas as medidas, pero entre todos vamos ser capaces de seguir avanzando”.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



