Ribadeo, 20 de novembro de 2024. O estadounidense Cyrus Chestnut Trío abrirá a décima edición do Festival de Jazz&Blues de Ribadeo este sábado, día 23 de novembro ás 20:00 horas, no auditorio municipal Hernán Naval. As entradas están á venda en ataquilla.com.
A promotora deste festival, Game Over Productions, explica que “Cyrus Chestnut é un pianista que creceu en Baltimore e ten tras de si unha historia fortemente ligada aos estilos de cada unha das estrelas coas que tivo o privilexio de compartir música. Desde Wynton Marsalis a Dizzy Gillespie, desde Betty Carter a Freddie Hubbard, desde Jon Hendricks a Kevin Mahogany. E, por encima de todo, está a súa paixón polo góspel e pola tradición do piano de jazz. Un músico que evita sempre a estandarización, fomenta unha inventiva repleta de alusións á vasta historia desta música e sabe asentar como poucos en pracenteiros termos de audibilidade, as explosións libres dunhas composicións en cuxa brillante resolución fai evidente que pertence a unha xeración de pianistas que parece non ter teito. Tamén apareceu na película Kansas City, de Robert Altman, na que interpreta a un pianista inspirado en Count Basie”.
A organización destaca que Cyrus Chestnut Trío “actuou o día 17 deste mes no Festival Internacional Jazz Madrid e as entradas para ese concerto tiñan un prezo de 32 euros”.
O Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, que este ano chega a súa décima edición, vense celebrando na vila ribadense coa participación dos mellores músicos galegos, nacionais e internacionais da música negra en xeral, tanto de jazz como de blues, soul, funky ou góspel. Polo seu escenario desfilaron figuras da talla de Hiromi, Nicholas Payton, Ray Gelato, Eric Sardinas , Andrea Motis, Marlango, Jorge Pardo, Zenet, Sumrrá, Abe Rábade, etcétera. Nesta ocasión celebrarase entre o 23 de novembro e o 7 de decembro e terá como sede principal o auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



