O Secretario Xeral dos socialistas na provincia e Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e a Deputada no Congreso dos Deputados por Lugo, Patricia Otero, entran no Comité Federal; e o Senador por Lugo, César Mogo Zaro, formará parte da nova Executiva Federal do PSOE como Secretario do PSOE Exterior
Lugo, 1 de decembro de 2024. O Partido Socialista na provincia de Lugo sae reforzado do 41 Congreso Federal do PSOE celebrado esta fin de semana en Sevilla coa elección do Secretario Xeral dos socialistas de Lugo, Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e da Deputada no Congreso dos Deputados por Lugo, Patricia Otero, para formar parte do Comité Federal e do Senador por Lugo, César Mogo Zaro, na Executiva Federal do PSOE como Secretario do PSOE Exterior.
José Tomé expresou a súa satisfacción porque os lucenses entren a formar parte da primeira liña da dirección do partido, a onde trasladarán “as necesidades e propostas para seguir avanzando no desenvolvemento das potencialidades da nosa provincia, achegar e mellorar os servizos públicos aos veciños e veciñas, crear emprego, impulsar o rural e fixar poboación”.
O Presidente da Deputación fixo unha valoración moi positiva do proceso congresual no que Pedro Sánchez renovou a Secretaría Xeral, unha cita na que “o partido demostrou fortaleza e unidade en torno ao proxecto liderado polo Presidente do Goberno”. “Para nós é unha moi boa noticia que deste Congreso se conseguira o compromiso de afrontar o financiamento local, que para nós é moi importante”, afirmou. Así mesmo, nese sentido, puxo de manifesto a moi activa participación que está tendo a delegación lucense neste proceso congresual.





















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



