A feira foi recoñecida recentemente polo Consello Provincial de Turismo cun dos premios Lugo Cambia, mentres o goberno local traballa na súa declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia
Vilalba, 1 de decembro de 2024. O Concello de Vilalba e a Asociación de Criadores de Capón presentaron na mañá de hoxe a edición deste ano da Feira do Capón, que se celebrará o vindeiro sábado, 21 de decembro, cos tradicionais premios e degustación gratuíta do manxar chairego.
O acto de presentación celebrouse no Hotel Spa Attica 21 de Vilalba, onde a alcaldesa, Marta Rouco, salientou a longa traxectoria da Feira do Capón na capital chairega e “a gran relevancia cultural e tradicional que leva o nome do noso concello máis aló das nosas fronteiras”.
Ademais, a Feira do Capón de Vilalba chega a esta edición cun novo recoñecemento: o premio Lugo Cambia na categoría “…E para comer, Lugo” que o Consello Provincial de Turismo lle outorgou pola súa antigüidade, singularidade, arraigamento e o seu valor cultural.
Nesa liña, Rouco salientou “o sólido compromiso da Deputación de Lugo co noso municipio, pois como cada ano contaremos coa colaboración do ente provincial para poder levar a cabo a nosa Feira do Capón”.
Pola súa banda, o goberno local “enviou xa a documentación necesaria á Xunta de Galicia para conseguir a súa declaración como de Festa de Interese Turístico de Galicia, atopándonos agora á espera de respota do goberno autonómico” explicou a rexedora vilalbesa, Marta Rouco.
En canto á programación da Feira do Capón, abrirase a cita ás 10:00 horas na Praza da Constitución para logo, ás 11:30, facer entrega dos tradicionais premios, da man da xornalista vilalbesa María Lamela. Ademais, esta edición tamén contará con degustación gratuíta de capón de 12:30 a 14:00 ou ata esgotar existencias.
Tampouco faltará a nota musical na cita. A charanga Brassica Rapa será a encargada de animar a Feira do Capón durante a mañá do vindeiro sábado, 21 de decembro, na Praza da Constitución. Unha actuación enmarcada no programa Dinamiz-ARTj, promovido polo Instituto para a Transición Xusta (ITJ) e a Fundación Cidade da Enerxía (CIUDEN).
Finalmente, a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, quixo “convidar a todos e todas a que se acheguen a Vilalba o vindeiro 21 de decembro para gozar dunha das citas máis destacadas no calendario vilalbés, para coñecer a nosa gastronomía e tradición”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



