Os concelleiros do PP advirten da “discriminación” aos veciños de Pénjamo por parte do bipartito que non dá explicacións da negativa a que empreguen un espazo municipal xunto ás dependencias de Protección Civil polo que “non poden desenvolver as súas actividades”
Viveiro, 2 de decembro de 2024. Os concelleiros do PP de Viveiro pedirán explicacións no vindeiro pleno ao goberno bipartito sobre os motivos polos que a delegación da Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Viveiro ou a asociación de veciños do barrio do Pénjamo non dispoñen de locais sociais.
No primeiro caso, os populares esíxenlle á alcaldesa que informe sobre o punto no que se atopan as xestións para a cesión dos locais da antiga Casa do Mar de Celeiro á delegación da AECC de Viveiro; toda vez que a alcaldesa manifestara o pasado mes de abril que estaba a realizar trámites coa dirección provincial do INSS para esta finalidade.
Os populares súmanse ao compromiso de Viveiro coa causa e lembran que “a delegación da AECC de Viveiro sobre carencia de locais para o desenvolvemento da súa actividade”. Polo tanto, cren conveniente que a alcaldesa dea explicacións despois de ter visitados os locais da antiga Casa do Mar en abril e comprometerse a facer os trámites”.
DISCRIMINACIÓN AOS VECIÑOS DE PÉNJAMO
Tamén cren que “o goberno local debe explicar as razóns que levaron ao PSOE e ao BNG a discriminar aos veciños e veciñas de Pénjamo” que viñan empregando como local social un espazo municipal ubicado no inmoble do grupo de vivendas Jesús Rodríguez Álvarez compartindo dependencias con Protección Civil.
Os populares advirten que “dende hai máis dun ano non poden acceder nin utilizar ese espazo” mentres o goberno bipartito lles nega calquera explicación que xustifique esa decisión que supón que “non podan desenvolver as súas actividades”.























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



