Rosa Rego, portavoz municipal do BNG: “A xestión caótica do PSOE que afunde o Concello xunto o abandono do rural e da Montaña do PP gobernando a Xunta forman unha combinación perfecta para afundir o progreso da Fonsagrada” e incidiu “os uns polos outros, e a casa sen varrer”
A Fonsagrada, 11 de decembro de 2024. O BNG lamenta que o goberno municipal do PSOE e o grupo municipal do Partido Popular se tomen os problemas da veciñanza sen rigor e seriedade, só achegando descréditos e promovendo un clima de desprestixio á política municipal, a máis próxima ao veciño. Ámbolos partidos teñen grandes eivas que fan que A Fonsagrada se atope nunha situación que non merece.
No derradeiro pleno, saíron á luz graves deficiencias na xestión do equipo de goberno municipal, encabezado polo PSOE, confirmadas por informes demoledores da Secretaría-Intervención, os que inciden no “incumprimento constante da información económica-financeira” e cualificándoa de “caótica”.
Rosa Rego, portavoz e concelleira do BNG debullou os datos destes informes “o prazo medio de pago a provedores duplicouse, chegando na actualidade a 97,53 días; facturas pendentes de pago por un importe de 869.329,77 €, o que supón a acumulación, en algúns casos, de débedas a empresas superiores aos 50.000 €. De igual xeito, contratos caducados e ausencia de control e advertencias de riscos de futuro, o que dita o informe de “importantes quebrantos económicos”.
Por outra banda, da Xunta de Galicia, gobernada polo PP, sinala a concelleira do BNG “mantén unha política de abandono e recortes que perpetúa a discriminación contra o rural: falta de médicos e ter que desprazarnos até Becerreá para contar cuns servizos sanitarios esenciais, recortes nos servizos do colexio, a falta de financiamento nos coidados dos nosos maiores, como o servizo SAF ou a ausencia dunha residencia pública, os recortes nas axudas ás gandeiras e gandeiros, ou a ausencia total de apoio á Foliada da Fonsagrada entre máis”.
Rosa Rego catalogou de “paradoxal” que “mentres o goberno municipal presume de débeda cero, sexan os provedores locais soporten o custo dunha xestión irresponsable”. A nacionalista destacou que “esta situación urxe unha reflexión profunda e unha reorientación inmediata das políticas municipais para garantir unha xestión transparente, eficiente e comprometida co benestar e o desenvolvemento da Fonsagrada. E de igual modo, queremos salientar a intolerancia do PP en sacar as cores aos demais sen mirar antes o que está a facer desde o goberno galego”.
Ao respecto sentenciou “a xestión caótica do PSOE que afunde o Concello xunto o abandono do rural e da Montaña do PP gobernando a Xunta forman unha combinación perfecta para afundir o progreso da Fonsagrada” e incidiu “os uns polos outros, e a casa sen varrer”. Unha chamada á responsabilidade.
Rosa Rego reiterou “desde o BNG seguimos denunciando, é o noso labor como oposición destacar o que non está ben, mais seguimos traballando con propostas, para que a veciñanza conte cunha xestión transparente, limpa e xusta”. Rego fixo un chamado á responsabilidade e humildade, tanto no goberno local como na Xunta, para garantir os servizos públicos esenciais e facer viable a vida na Fonsagrada. “Os servizos públicos son dereitos, e a nosa veciñanza merece unha xestión que estea á altura das súa necesidades”, concluíu.










O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



