José Antonio Álvarez deu conta de significativos avances nas últimas semanas no proceso de devolución ao Estado do solo portuario que non rexistra actividade sectorial co obxectivo de que a Administración central poida transferilo aos concellos
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2024. O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, respondeu esta mañá a unha pregunta parlamentaria na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo en relación aos avances realizados no procedemento de reversión ao Estado dos terreos de titularidade portuaria que non rexistran actividade sectorial, declarados, por tanto, innecesarios para o ente público. Tal como explicou, o obxectivo final desta proposta de devolver ao Estado a titularidade do solo é que a Administración central poida a continuación transferilo aos Concellos para uso veciñal, unha decisión que corresponderá ao Consello de Ministros.
Álvarez Vidal indicou que a Xunta vén de realizar avances moi significativos no procedemento de reversión. Neste sentido destacou que o pasado 26 de novembro, o conselleiro do Mar e mantivo unha reunión de traballo co presidente da Fegamp na que se validaron os criterios técnicos para as desafectacións así como o procedemento a seguir. Tal como se refrendou nesta reunión o procedemento realizarase por fases (tramitando sucesivamente as reversións de lotes de portos e non todos á vez) para maior axilidade administrativa, dada a complexidade do procedemento global.
A raiz de dita reunión, ao longo deste mes de decembro “mantiveronse reunión cos concellos de Cangas, Vilanova, Foz e A Guarda para acordar as delimitacións definitivas dos terreos que se propón revertir ao Estado para a sua posterior transferencia aos Concellos”, relatou o presidente de Portos de Galicia e engadiu que as propostas acordadas nestas 4 reunións, xunto coa do porto de Santa Cruz, cuxa delimitación estaba xa pechada ao tratarse do total da instalación portuaria, “serán ratificadas polo Consello Rector de Portos de Galicia en xaneiro tras o Nadal”.
A continuación, despois da aprobación no Consello Rector de Portos de Galicia, a proposta remitirase á Consellería de Facenda, que a elevará ao Consello da Xunta. Este órgano aprobará a súa remisión á Administración Xeral do Estado.
Procesos á espera de resposta do Estado
Neste sentido, a presidente de Portos de Galicia subliñou que se trata dun proceso longo pola súa complexidade que cuxa dilatación dependerá en boa medida da axilidade da Administración Xeral do Estado en resolver a aprobación da proposta. Non en van, a día de hoxe algúns procesos xa iniciados de manera individualizada anteriormente levan máis de 10 anos en tramitación, pendentes da decisión do Estado, como é o caso da praia de Cariño, a instalación portuaria de Ponteceso ou a zona de praia e recreativa de Porto do Son.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



