Os populares condenan a política de “obras faraónicas” do goberno local en lugar de “resolver os verdadeiros problemas e necesidades das infraestruturas municipais que seguen sen cubrirse”
Vilalba, 9 de xaneiro de 2025. O PP de Vilalba denuncia “moita foto, pero pésima xestión” en materia de obras por parte do goberno de Marta Rouco á vista de que “continúan os problemas de goteiras no pavillón municipal” trala renovación da cuberta o pasado verán cun investimento duns 75.000 euros.
Os populares advirten que “está chovendo dentro dunha das instalacións deportivas municipais máis empregadas” co conseguinte “perigo para os seus usuarios , principalmente, clubs deportivos de Vilalba”. Así mesmo, engaden que “volve repetirse a situación de fai dous anos provocou a suspensión dun partido de fútbol sala”.
Os populares condenan que “o goberno bipartito non sexa capaz de arranxar o problema das goteiras do pavillón municipal de forma que se garanta o seu uso con normalidade, a pesar de que a alcaldesa presumía da obra de arranxo do pavillón”. De feito, dicía textualmente que eran uns traballos “moi importantes que servirían para poñer fin aos problemas que temos no inverno coas filtracións de humidade, provocando nos días de máis choiva goteiras nunha instalación moi utilizada polos clubs deportivos de Vilalba”.
Os concelleiros do PP lamentan que, unha vez máis, “os verdadeiros problemas e necesidades das infraestruturas municipais de Vilalba seguen sen cubrirse”. Nese sentido, condenan “a política de inversión en obras faraónicas que non son expresamente necesarias -como o arranxo da Casa do Concello, a humanización da rúa da Pravia ou a substitución do parque acuático por piscinas exteriores-, mentres que para as obras verdadeiramente necesarias como a cuberta do pavillón se realizan pequenas obras para “parchear” o estado do edificio que segue sen ter unha verdadeira solución os problemas de goteiras”.
A xestión das obras do goberno de Marta Rouco é “un despilfarro absoluto”, inciden os populares, porque “gastan, pero non solucionan os problemas do día a día dos veciños e veciñas de Vilalba”.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



