Ribadeo, 10 de xaneiro, 2025. O BNG de Ribadeo alerta de que a reforma do Hospital Asilo non vai estar rematada no prazo previsto. “A 15 de decembro, o grado de cumprimento das obras de reforma do Hospital Asilo era tan só dun 45%. Desde logo, pensar que van rematar esta reforma nos prazos previstos, para finais de marzo do 2025, non ten moito sentido. Cómo van ser quen de facer en catro meses tanto como o que lles levou case ano e medio? Ademáis, a escasos tres meses para cumprirse o prazo de execución, nada se sabe do sistema de xestión previsto”, explican.
“Así goberna calquera, a golpe de ocurrencias e declaracións para a galería. Pero a realidade é que os tabiques, a obra non se levantan laretando, nin por moita nota de prensa que se publique ou visitas e paseos triunfais reproducidos en vídeos aproveitando un cachiño de obra preparado para a ocasión. Gobernar é outra cousa. É compromiso e honestidade. Algo que cada vez lle queda máis lonxe e máis grande a este goberno local do PP”.
“Namentres, as familias das persoas desprazadas a outras residencias ven como se esgotan os prazos de execución e os usuarios e usuarias do Hospital Asilo contemplan o paso do tempo con máis desesperación polas promesas incumpridas de Daniel Vega. Cada vez quédalles máis lonxe volver á que foi a súa casa durante moitos anos. E todo pola incompetencia dun individuo cada vez máis prepotente e máis incontrolado no gasto”.
Por todo isto, “vemos complicado que a obra chegue a rematarse no presente ano”.




















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



