Ribadeo, 14 de febreiro, 2025. Por Nuestro Faro pide axuda ó Defensor del Pueblo. Explican que: “En ausencia de resposta do alcalde de Ribadeo, que ten decidido sinxelamente non dar ningunha información nin emprender ningunha acción, a A VV Por Nuestro Faro mandou esta semana un correo á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao (APFSC) para ter algunhas informacións básicas sobre o estado actual e o futuro próximo dun lugar tan emblemático como a illa Pancha”.
“Comezamos lembrando á APFSC que, ó longo de todos estes anos, non paramos de denunciar que o conxunto do proxecto de apartamentos e cafetería que están funcionando na illa Pancha non ten estudio de impacto medioambiental, preceptivo por atoparse en zona protexida pola Rede Natura 2000”.
“A irregularidade da situación foi ratificada por todos os informes do Defensor del Pueblo, dende 2017 -oito referidos ó proxecto de apartamentos no edificio do vello faro, e dous ó proxecto de cafetería- ate hoxe, e así llo lembramos á APFSC, ó tempo que lle temos transmitido o contido do último correo do Defensor con data del 13 de xuño de 2024. Dito correo notifica que a irregularidade tamén foi sido admitida pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, que «manifiesta aceptar la Recomendación formulada, referida al cumplimiento del apartado cuarto del artículo 46 de la Ley 42/2007, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad», e comprométese a adoptar «las medidas precisas para el cumplimiento de la Resolución en las próximas certificaciones que emita sobre los posibles efectos de un proyecto sobre los espacios de la Red Natura 2000 de Galicia.».
Todo o anterior confirma que apartamentos e cafetería da illa Pancha están nunha situación manifestamente ilegal”.
“Dado que o 30 de xuño finalizará o período de concesión de dez anos concedida á empresa EIROBRA para a explotación da illa Pancha, e que esta pode ser prorrogable por outros cinco anos, temos preguntado á APFSC se, a pesar desta situación irregular, a empresa promotora solicitou prórroga. E, en caso de que así sexa, se teñen esixido ou xa se fixo o estudo de impacto medioambiental preceptivo”.
Ó mesmo tempo, a A VV Por Nuestro Faro escribiu de novo ó Defensor del Pueblo para poñelo ó corrente da situación, xa que, como reza no documento de concesión, esta pode prolongarse de xeito inmediato por outros cinco anos só con que haxa acordo expreso de ambas partes (APFSC e concesionario), o que permitiría seguir cos incumprimentos xa detectados nos expedientes. Na nosa carta pedimos ó Defensor «la apertura de nuevo expediente, la exigencia de estudio de impacto ambiental para cualquier uso más allá del 30 de junio del presente año y actuación en consecuencia».
“Lamentamos que dez anos no teñan sido abondo para que as administracións implicadas fixeran respectar a lei, e que a día de hoxe aínda haxa que chamar a todas as portas -algunhas pechadas e ben trancadas- para protexer o patrimonio dos ribadenses”.
























Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.



