Viveiro, 5 de abril, 2025. A voceira do BNG en Viveiro, Míriam Bermúdez, denuncia a “hipocrisía política da alcaldesa 60K, que leva ao pleno do mércores 9 de abril a mesma proposta de modificación da RPT que o BNG no goberno presentara en xaneiro para mellorar a situación da Policía Local”.
Segundo explica Bermúdez, “desde o anterior goberno, tratamos de darlle solución a un problema grave e propuxemos separar funcións e que a xestión da plantilla pasase ao posto de inspector xefe da Policía Local. PP e Por Viveiro votaron en contra daquela proposta, que tiña a mesma categoría, o mesmo salario e os mesmos obxectivos que agora propoñen. Só mudan unha palabra: en vez de chamar ao posto inspector xefe, chámanlle xefe da Policía Local”.
Para o BNG, esta situación evidencia “a falta de seriedade e de proxecto do actual goberno”, que recorre ás propostas que antes bloqueou. “Se antes non lles servía, agora deberían traer unha alternativa mellor. Pero non a teñen, porque a nosa proposta era a correcta. O que fan agora é simplemente apropiarse do traballo alleo”, afirma Bermúdez. “Iso chamase hipocrisia, e hai que decilo, o PP ten que explicar por que antes bloqueaba algo que agora propon”.
A voceira nacionalista lembra ademais que Por Viveiro, aínda que non forma parte do goberno, “é cómplice desta hipocrisía política ao apoiar ao PP e á alcaldesa 60K na mesma medida que antes rexeitaron. Por Viveiro debería explicar por que traizoa os seus votantes e entrega o seu apoio a un proxecto que antes criticaban con dureza”.
“O que fixeron foi bloquear por intereses partidistas, sen importarlles que iso prexudicase á veciñanza e deixase sen operatividade á Policía Local. Agora, no poder, amosan que non saben facer o seu traballo e teñen que recorrer ás solucións que nós puxemos enriba da mesa”, conclúe Bermúdez.
Desde o BNG reiteran o seu compromiso con Viveiro, cun traballo serio, responsable e coherente, “fronte á política do oportunismo, a incoherencia e a hipocrisía que representan PP e Por Viveiro”.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



