Membros da Xunta Directiva e integrantes da Asociación de Produtores de Madeira de Viveiro, Promavi, realizaron unha visita ás instalacións de Altri en Portugal, onde tiveron a oportunidade de coñecer tanto os seus procesos industriais como o seu traballo en materia de xestión forestal
Palas de Rei, 23 de maio de 2025. Unha delegación da Asociación de Produtores de Madeira de Viveiro, Promavi, integrada por máis de 30 membros da organización e encabezada polo seu presidente, Manuel Galdo, viaxou a Portugal para coñecer persoalmente as instalacións de Altri e os proxectos de xestión forestal e investigación que a empresa está a desenvolver nese país.
I+D forestal
Produtores de madeira de eucalipto, os representantes da entidade forestal mostraron un especial interese sobre o traballo de I+D que o grupo desenvolve nos seus viveiros de Quinta do Furadouro, que produce anualmente 8 millóns de plantas certificadas. Alí coñeceron os últimos avances en ámbitos como a mellora xenética dos eucaliptos, a sustentabilidade das plantacións mediante o estudo de novas técnicas, o control de pragas ou o incremento da seguridade nas operacións forestais, entre outras moitas.
“Esta visita ha sido muy positiva y no solo ha cumplido las expectativas que traíamos con respecto al trabajo de Altri, sino que las ha superado ampliamente” -sinala Manuel Galdo, presidente de Promavi. “A nivel forestal, hemos aprendido muchísimo, nos han mostrado una manera de hacer las cosas diferente, basada en la investigación y en las buenas prácticas. También hemos visitado la fábrica de Celbi, la mayor planta de celulosa de la península ibérica. Creo que, cumpliendo los requisitos ambientales de Galicia, España y la Unión Europea, la implantación de Altri en Galicia es una idea acertada que va a contribuir a la mejora de la productividad del sector forestal en nuestra comunidad, además de producir nuevas fibras textiles que potenciarán un sector económico tan importante en Galicia como es el textil”.
Pola súa banda, Rocío Rolle, administradora de Forestal Naseiro, destacou da visita, sobre todo, “la implicación de todo el personal de Altri en transmitirnos conocimientos que nos resultaban totalmente novedosos sobre gestión forestal. Hacen mucha investigación, proyectos impresionantes que han compartido con nosotros. Mi opinión es que, después de lo que hemos visto aquí, sería espectacular que Altri se implantase en Galicia: se producirá mejor, la gente se implicará más en el cuidado del monte y va a haber otro concepto por parte de los propietarios”.
Pola súa banda, Miguel Silveira, membro do Comité Executivo de Altri e responsable da xestión forestal e a subministración de madeira e biomasa, explicou aos membros de Promavi que a idea da compañía é trasladar toda esta filosofía de traballo ao proxecto GAMA para poñer en valor o monte galego, “donde aportaremos nuestro know how, ya que contamos con un equipo integrado por cerca de 100 personas que viene desarrollando desde hace años un intenso trabajo de I+D y mejora genética por el que somos reconocidos mundialmente”.
Altri Forestal indica que “xestiona actualmente 100 000 ha de superficie forestal en Portugal e España, na que se busca un equilibrio entre os bosques de produción, esenciais para a actividade da compañía, con bosques de conservación, preservando os valores naturais presentes. Toda ela certificada segundo normas internacionais de referencia. Así mesmo, conta con 7 bioestaciones desde as que se monitorea a flora e fauna de todos os hábitats nos que está presente, co obxectivo de alcanzar as 15 en 2030”.
A empresa afirma que “desenvolve tamén un importante labor de formación e prevención de riscos laborais, que imparte nun vehículo adaptado a esta tarefa que se despraza aos lugares de traballo, onde tratan de que os traballadores se involucren na formación, compartindo a súa experiencia. Con este formato, Altri Forestal imparte preto de 7.000 horas ao ano de formación a traballadores do sector en colaboración pública e privada”.
Recentemente, Altri reforzou a súa presenza en Galicia coa recente adquisición de Greenalia Forest, unha das principais empresas do sector forestal na comunidade, e de Greenalia Logistics, operación que anunciou o pasado mes de xaneiro e que supón un paso estratéxico no seu proceso de expansión en Galicia.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



