Os populares consideran que “a pesar dos anuncios do presidente, o seu plan de estradas non é ambicioso” porque, no caso de Muras, anunciaba actuacións na LU-P-6502, pero en ningún punto do seu termo municipal e só prevén actuar nun 10% do total dos km de vías provinciais no concello (nos últimos 6km da LU-P-3804 que levan anos cun importante deterioro”
Muras, 23 de maio de 2025. O mal estado xeneralizado das estradas provinciais no municipio de Muras xera queixas continuas entre os veciños e veciñas que reuniron preto de 170 firmas -1 de cada 3 veciños- para reclamar ao goberno provincial a mellora da practica totalidade da rede viaria que é titularidade da Deputación ao seu paso polo municipio.
A reclamación que asina boa parte dos veciños e veciñas de Muras esixe ao goberno que preside Tomé a reparación de forma urxente o pavimento destas vías de titularidade provincial, se mellore a sinalización e o seu mantemento e se programen debidamente os traballos de limpeza das marxes.
O portavoz provincial, Antonio Ameijide, e a portavoz municipal do Partido Popular, Eugenia Requeijo, instan ao PSOE e ao BNG a “corrixir o estado de abandono das estradas provinciais” en Muras.
Os populares indican que “os plans de mellora da rede viaria da Deputación anunciados por Tomé veñen a recoñecer o que levamos moito tempo advertindo: que o goberno de PSOE e BNG leva anos desatendendo as necesidades das estradas”. E a pesar dos anuncios do presidente, “o seu plan de estradas non é ambicioso”.
Por exemplo, para as estradas que pasan polo concello de Muras anunciaba actuacións na LU-P-6502, pero en ningún punto do termo municipal de Muras a pesar de que se atopa en mal estado na súa totalidade e só actúan nun 10% do total. No caso da LU-P-3804, entre Belesar e O Viveiró, anunciaron recentemente actuacións nos últimos 6 km “que levan anos cun importante deterioro”. É dicir, “só prevén actuar nun 10% do total das estradas da Deputación en Muras ignorando o mal estado de moitas pistas que dificultan a mobilidade do día a día dos veciños”.
É o caso da LU-P-3406 (Irixoa – A Balsa) cun firme irregular froito do desgaste e o paso do tempo sen ser obxecto de ningunha mellora, a LU-P-3403 (Casateita – Portonovo) co firme estropeado pola maquinaria quitaneves, a LU-P-6602 (Sixto – Muras) onde fai anos que non se leva a cabo ningún tipo de mellora e as LU-P-3402 (A Gañidoira – O Viveiró), LU-P-3405 (As Louseiras – Mouriscón), LU-P-3811 (Cruz do Garamallo – Xoán Branco) tamén precisan actuacións diversas.
FALTA DE MANTEMENTO E RISCOS PARA OS USUARIOS
“Pedimos, entre todos, a mellora destas estradas que usamos a diario os veciños de Muras e que levan moitos anos sen ningún tipo de arranxo e están nun estado lamentable”, explica Eugenia Requeijo. A popular engade que “no inverno non hai quitaneves para limpar debidamente as estradas e o uso doutra maquinaria tamén dana o asfalto que queda sen reparar”.
Ameijide incide en que “os veciños e veciñas da provincia están fartos de circular por estradas provinciais que, polo seu mal estado e falta de mantemento, poden supoñer un risco para os usuarios”. Por iso, esixe “garantir a seguridade nestas estradas”. Así mesmo, engadiu que “estamos e estaremos do lado dos veciños para reivindicar que se volva a unha situación de normalidade para facilitar a mobilidade de todos os lucenses”.
.





















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



