Xove, 21 de outubro, 2026. O BNG de Xove alerta de que o servizo de pediatría non se recuperará, como mínimo, ata o 30 de novembro, e anima ás familias a presentar reclamacións para esixir unha solución que garanta a atención pediátrica no municipio.
A formación nacionalista recolle a preocupación e o malestar de numerosas nais e pais ante a ausencia de pediatra no Centro de Saúde de Xove, unha situación que deixa as familias sen atención de proximidade e engade dificultades para garantir a asistencia sanitaria das crianzas. Segundo a información da que dispón o BNG, o servizo non se restablecerá, polo menos, ata finais de novembro, sen que exista garantía de que poida retomarse nesa data, xa que hai fundadas preocupacións de que a situación se prolongue. Mentres tanto, a falta de información clara por parte da xerencia da área sanitaria incrementa a incerteza das familias afectadas.
O BNG considera especialmente grave que unha atención esencial como a pediátrica quede sen cobertura regular, obrigando as familias a buscar alternativas fóra do concello. En caso de precisar atención urxente, deben acudir ao Centro de Saúde de Burela. “Esta situación supón un trastorno para as familias e dificulta o acceso a unha atención sanitaria próxima, accesible e adaptada ás necesidades da infancia”, explica a voceira nacionalista, Pilar Vázquez. “A atención pediátrica non pode depender da dispoñibilidade puntual de profesionais noutros centros nin obrigar as nais e os pais a asumir desprazamentos ou consultas privadas cada vez que precisen unha valoración especializada”.
A formación enmarca esta situación nun problema máis amplo de deterioración da sanidade pública na Mariña. Tal e como advertiu recentemente a Plataforma Sanitaria da Mariña, a comarca sofre un grave déficit de persoal e unha perda progresiva da calidade asistencial, con especial incidencia na atención primaria e nos servizos destinados aos colectivos máis vulnerables. A propia plataforma alerta de que a cobertura pediátrica na comarca se atopa baixo mínimos, con ausencias insuficientemente cubertas e centros que dispoñen só dunha parte da dotación necesaria.
Para o BNG, o acontecido en Xove evidencia a necesidade de reforzar os recursos sanitarios públicos e garantir que todos os concellos da Mariña conten cunha atención pediátrica estable. A formación anima ás familias afectadas a presentar reclamacións formais ante o Servizo Galego de Saúde, deixando constancia da ausencia de pediatra, das dificultades de acceso á atención sanitaria e dos desprazamentos que esta situación obriga a realizar. Estas reclamacións permiten trasladar formalmente o malestar das familias e reclamar unha resposta por parte da Administración sanitaria.
O BNG considera que a veciñanza de Xove non pode resignarse a perder servizos sanitarios de proximidade nin aceptar que a falta de persoal se traduza nunha atención deficiente.




















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



